lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Lugo queda sen sede e sen secretario municipal de Podemos 

Josito Pérez, nun mitin en 2015. AEP
Josito Pérez, nun mitin en 2015. AEP
"Seguirei apoiando desde a militancia", defendeu José Pérez Afonso, quen avoga por "dar paso a xente nova"

O secretario de Podemos na cidade de Lugo, José Pérez Afonso, anunciou que deixará o liderado da formación política, e criticou que se efectivice o peche da sede do partido no municipio, situada na Rúa Río Neyra. 

Pérez Afonso xa tomara, semanas atrás, a decisión de deixar a executiva galega por "responsabilidade" tras os resultados electorais nas autonómicas, e agora cre que "hai que dar paso a nova xente"

"Eu seguirei apoiando desde a militancia, pero non vou seguir na secretaria xeral", abundou. No entanto, despídese entre reproches, como que se perda a súa sede actual no municipio. 

"É unha pena nestes momentos en que se necesita apoio por parte do noso partido que se nos quite a sede", afeou, para lembrar que o Círculo de Lugo "foi un que desde o principio sempre cumpriu cos protocolos escrupulosamente". 

"En Lugo sempre se traballou dunha forma encomiable e sempre se fixeron as cousas como había que facelas. É unha pena, porque a xente que está a traballar aquí despois de deixarse a pel de forma voluntaria, é unha pena que toda esta xente se teña que reunir en bares e garaxes", declarou. 

No seu día, a cidade de Lugo chegou a contar con máis de "900 inscritos", un número que, asegura, viuse reducido, sobre todo despois de que Podemos se convertese nun partido ao uso con "militantes". 

Lugo queda sen sede e sen secretario municipal de Podemos 
Comentarios