Lugo preséntase en Fitur como punto de partida dunha viaxe única

A campaña Lugo Km 100 busca mostrar ao resto do mundo "o que fai especial" á cidade
photo_camera A campaña 'Lugo Km 100', en Fitur

Lugo presentouse este venres en Fitur como punto de partida dunha viaxe única. No acto estreouse o novo vídeo da campaña Lugo Km 100, impulsado pola concellería de cultura e turismo baixo o lema A túa viaxe comeza aquí.

A edil nacionalista Maite Ferreiro estivo na presentación xunto á alcaldesa Lara Méndez e o concelleiro Mauricio Repetto. Ferreiro explicou que "o obxectivo deste ano non é novo, continuar a ensinarlle ao resto do mundo o que fai especial a Lugo e convidar a todo o mundo a descubrilo con nós".

A concelleira afirmou na presentación que "os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galiza".

A campaña Lugo Km 100 foi presentada na edición 2020 de Fitur e agora ten continuidade co obxectivo de por en valor o patrimonio lucense. Está acompañada de diversas accións para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo, cumprindo cos 100 quilómetros mínimos que se requiren para obter a compostela.

A presentación do Concello de Lugo en Fitur continuou coas intervencións do concelleiro de xuventude e deportes, Mauricio Repetto,e da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e unha proxección sobre o Arde Lucus