Lugo mellora as instalacións da Asociación Antonio Gandoi

O edil Felipe Rivas sinala que a intervención permitirá "mellorar a eficiencia enerxética do edificio e reducir os custos de mantemento"
 

Visita de Arroxo e Rivas ás instalacións de Antonio Gandoi.EP
photo_camera Visita de Arroxo e Rivas ás instalacións de Antonio Gandoi.EP

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, visitou as instalacións da Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoi xunto co edil de Educación, Felipe Rivas, para supervisar a renovación da cuberta do edificio.

"Trátase dunha actuación moi necesaria para mellorar tanto a eficiencia enerxética das instalacións como para reducir os custes que temos que afrontar en mantemento", explicou Rivas.

A concellería de Educación invistiu preto de 40.000 euros nesta actuación, que permitirá mellorar os servizos nas instalacións. A actuación súmase á mellora desenvolvida a través da área de Mobilidade, que Arroxo, que instalou unha senda peonil na contorna do CEIP de Albeiros para mellorar os seus accesos.

Dita senda discorre polas rúas Xenebro, Garaballa de Arriba (treito sen beirarrúas) e Illa de Ons, que contan cunha nova limitación de velocidade a 20 km/h e espazos diferenciados para o tránsito peonil.