"Lugo era daquela moi pouquiña cousa"

Nenos na escola de Vilaodrid (A Pontenova)
photo_camera Nenos na escola de Vilaodrid (A Pontenova)

Nazo en Lugo, á entrada do Carril dos Loureiros, nunha das primeras casas, creo que xa non existe. Era unha casa onde vivía miña avoa materna, pero estiven moi pouco tempo vivindo alí, porque marchei. Meu pai era militar e entón fomos para Palma de Maiorca, e de Palma a Olot, pola Garrotxa era, onde estiven ata os catro anos e pico. De Olot teño memoria. Despois estivemos un tempo en Málaga e cando xa teño cinco anos, volvemos a Lugo.

Paco Martín / Lugo

Eu nacerá nunha casa que estaba enfronte da coñecida fonda da Pola, na rúa que daquela se chamaba de Cayuela e que hoxe leva o nome de Constanza de Castro; o nome tradicional desta rúa era o de rúa do Rei, pero en 1841, na rexencia de Espartero, o Concello trocara os de moitas para honrar a algúns herois liberais e, desta maneira, comezou un baile que seguiu ata hoxe. A rúa en que eu nacera, por exemplo, pasou a chamarse de Pablo Iglesias coa segunda República e o franquismo trocouno polo que agora ten.

Luis Tobío / Viveiro

Nacín en Foxas, no lugar do Moradoiro. Foxas tiña tres pequenos núcleos de familias: Foxas, Foxacos e Peinzais; o Moradoiro sitúase nos Foxacos. Daquela pertenciamos á parroquia de San Vicente de Vilameá; logo, polos anos sesenta, quedamos incardinados na nova parroquia do Sagrado Corazón da Pontenova, onde celebrei a Primeira Misa no ano 1965.

Rafael Lombardero García / A Pontenova

Nacín en Lugo, oficialmente o 23 de xaneiro de 1958; pero polo que me contou miña mai, que é a persoa que mellor o sabe, en realidade foi o día vinte cando cheguei a unha bufarda pequena e escura do barrio de Paradai, extramuros da cidade. Aínda faltaba moito inverno e a min non se me agardaba ata a primavera. Había lúa nova e O Gaiteiro de Lugo prognosticaba para aqueles días: «Nova no Saeteiro que quer botar saravia. Onde non chova, non han encherse os pipotes».

Xoán R. Cuba / Lugo

Eu nacín na aldea de Xinzo, parroquia de Vilameá. Unha aldea que daquela tiña arredor de 40 habitantes, agrupados en dez familias, e que na actualidade só viven alí permanentemente unha ducia escasa de persoas. A nosa casa chámase a Casa do Noble. Non sei de onde lle virá ese nome tan rimbombante.

Perfecto Conde Muruais / A Pontenova

Nací en El Ferrol, en 1954, porque mi padre estaba destinado como catedrático y director del Instituto de Ferrol, ciudad en la que no llegué a estar dos años, los primeros de mi vida. Y a partir de ahí, por diversos motivos, he residido en ciudades como Madrid, Monforte, Vigo, Zaragoza, Santiago y, sobre todo, Lugo. Como ya me habréis escuchado decir en alguna ocasión y parafraseando a Machado, soy lucense, porque «uno no es de donde nace a la vida sino de donde nace al amor».

Joaquín Mª García Díez / Lugo

Nací en Pol en una familia asentada en la zona rural. Mi padre era el único varón de seis hermanos y como consecuencia fue especialmente tratado y mimado por todos. Era secretario judicial de profesión, pero con un apego a la tierra tan grande que su primer destino fue Valladolid y a los pocos días de incorporarse apareció en casa porque «no aguantaba estar tan lejos», aunque después prestó servicios en otros juzgados.

José Ramón Ónega / Mosteiro / Pol

Nací en Monforte, en una parroquia que se llama Baamorto. Mi padre, que también había nacido allí, era ferroviario. Con él anduvo la familia por diferentes destinos: Calzada del Coto (León), Rábade y Lugo. Estoy aquí desde 1926. Empecé a ir a la Escuela en Calzada del Coto; después a la de Rábade, en donde me ocurrió una cosa muy curiosa, porque yo acudía a una escuela de pago y tuve un problema muy fuerte con un profesor contra el que me había rebelado; me echaron de la escuela y me fui a la pública en donde me encontré muy bien.

Pedro González López / Monforte

Nací en 1934, hijo de un matrimonio de unas parroquias pequeñas de Guntín que se vino a Lugo a buscar fortuna. Mi padre era carpintero y mi madre trabajaba en el matadero municipal. Éramos dos hermanos, otro mayor que yo se murió en un accidente de tráfico. Eran dos personas muy trabajadoras. Recuerdo ir al matadero después de clase a buscar el vientre del ternero, los callos, limpiarlos entre mi madre, mi padre, mi hermano y yo, y después ir todos a repartirlos por las fondas. También tenían alquiladas unas tierras y allí nos íbamos los domingos a trabajar. A base de esfuerzo llevábamos una vida mejor de lo que era normal en gente como nosotros.

Ramón Estévez / Lugo

Mi infancia son recuerdos de la mar y de una plaza. No había limoneros cerca de donde yo vivía, y supongo que si hay alguno en Viveiro no tengo de ello una constancia expresa. Pero tampoco nací en un palacio como la casa de Pilatos. Así que... Yo nací en una casa de piedra, en una plaza que entonces se llamaba placiña da Herba y que ahora se llama Plaza de los Cuatro Linajes, que es un nombre bastante pretencioso.

Ramón Pernas / Viveiro

Aínda que nacín en Texas en 1967, pasei a miña infancia na Pontenova, de onde é miña nai. O amor á terra dos meus devanceiros, onde volto cada dous veráns, fai que me sinta galega de alma. A cotío leo El Progreso e escribo no blog veciñal pontenovés. Pasei a nenez na aldea pontenovesa de Xudán, a terra de miña nai. Son galega de alma, aínda que non sexa de nacemento.

Bernardeta Taylor / Xudán / A Pontenova

Nacín na rúa da Tinería, no número 6, que dá á porta do Carme na muralla, e alí vivimos cinco ou seis anos. Despois fomos para Santo Domingo 27, e máis tarde para a rúa do Progreso. Cando vin de América, a familia mudara outra vez para a praza de Santo Domingo. Pero Lugo era daquela moi pouquiña cousa, unha cidade entrañable que sempre levei no corazón, moi diferente destas grandes urbes como Bos Aires ou Montevideo, e mesmo moi diferente das cidades galegas de hoxe. O mundo mudou moito.

Manuel Meilán / Lugo

La gente lo sabe perfectamente; si hay un tema que se repita constantemente es que yo soy villalbés. Pero sí, y no han ahorrado adjetivos, me han llamado El león villalbés, El oso de Villalba... Claro que Villalba no me necesitaba a mí para ser un pueblo importante: la segunda parte del Quijote está dedicada al Conde de Villalba. De Villalba de Lugo, vamos. Todo el mundo sabe que he nacido allí, que he vivido allí muchos años y que allí paso grandes temporadas, y, por lo tanto, mi vinculación es profunda y reconocida por los villalbeses. Como yo digo muchas veces, he tenido muchos estereotipos en torno a mi persona, pero yo nunca he perdido unas elecciones ni en Vilalba, de donde soy, ni en Pontedeume, donde veraneo. Donde la gente me conoce, para entendernos.

Manuel Fraga Iribarne / Vilalba

Nacín na Pontenova, na casa de meus avós e de meus pais, coñecida como a Droguería, ou ben como a casa de Manuel de Lugo, meu avó materno. A casa natal familiar de meu pai foi a de Capellán.

María Josefa Amalia García Rodríguez / A Pontenova

Comentarios