Lugo consolida a cultura urbana

O Espazo Hip Hop comezará ás 17.00 horas na Mosqueira
Al Safir. HIP HOP
photo_camera Al Safir. HIP HOP

O Espazo Hip Hop chega este ano a San Froilán cunha sexta edición que ratifica a evolución dun evento que nesta ocasión amplía actividades e inclúe actividades en colaboración con escolas e artistas locales no marco das festas de Lugo.

Israel B, parte do top español da música urbana, ía ser o cabeza de cartel, pero finalmente caeu e Al Safir será o seu substituto nunha edición aberta á participación dos grupos galegos situados como as principais referencias da música underground do país no eido do estilo urbano, como YNGZ, o entramado de produtores e artistas vigueses conformado por Wabi, Kszell e Yung Denzo, gañador a nivel europeo do concurso Snipes 2020.

O Espazo Hip Hop tamén contará con O Pirata, un ourensán punteiro que destaca pola súa participación en distintos eventos e festivais autonómicos. No tocante aos lucenses estará Carisma, un dos artistas novos con maior proxección na escena local. Como teloneiros subirán ao escenario MKP Crew, un grupo de Pontevedra que comeza a despegar a nivel galego.

Ademais dos concertos, e como ampliación do festival, nas actividades culturais programadas dentro do Espazo Hip Hop non faltará á cita coas patroais lucenses Diego As, o maior talento a nivel mundial do mundo do grafiti, galardoado por distintas publicacións e recoñecido mundialmente polo seu traballo.

A escola lucense Stardance achegará unha exhibición de baile para potenciar e dar a coñecer o talento lucense. Na final galega de batallas de galos participarán Sozat e Le33, entre outros, moi coñecidos no mundo do freestyle nacional polas súas intervencións en distintos eventos e grande talento. Os organizadores do Espazo Hip Hop, Son da Muralla, destacaron que a "repercusión deste evento é posible grazas a colaboración do Concello de Lugo e a unha gran cantidad de colaboradores da cidade".