jueves. 25.02.2021 |
El tiempo
jueves. 25.02.2021
El tiempo

Lugo celebrará as Letras Galegas con música

Carlos Casares
Carlos Casares
A xornada inclue concertos da Banda Municipal, de corais, danza, marionetas e foliadas, entre outras actividades

O Día das Letras soará a música en Lugo, nunha xornada que comeza cun concerto da Banda Municipal ás 12.00 horas no Quiosco da Praza Maior. Na mesma praza, haberá un festival de danza tradicional de nenos dos colexios de Lugo, as 13.00 horas.

Haberá un espectáculo de marionetas, O agasallo de Anya, con Teatro Trécola ás 13.00 horas. Pola súa parte, o Club Fluvial preparou un nado solidario ás 14.00 horas. Dez corais e conxuntos corais lucenses darán un concerto en Bispo Aguirre e na Praza Maior ás 18.30 horas.

LUCA. A Camerata Lucense, que dirixe Xan Carballa, actúa ás 20.30 horas no Gustavo Freire, nun concerto con obras de Gaos, Holst e Mendelssohn. O programa das Letras Galegas continuará ás 20.30 horas cun espectáculo de rúa con teatro e danza referidos a Carlos Casares a cargo de Palimoco.

FERRETERÍA. La Ferretería organizou unha foliada con canto, baile e unha barra de produtos galegos ás 20.00 horas.

Lugo celebrará as Letras Galegas con música
Comentarios