martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Maite Ferreiro co cartel das actividades. EP
Maite Ferreiro co cartel das actividades. EP

Maite Ferreiro explicou que este martes haberá "poesía e música" no adarve "para celebrar esta data"

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, animou á veciñanza a participar este martes nas actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade."Contaremos con poesía e música para celebrar esta data importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”, explicou a edil.

As actividades comezarán ás 17:00 horas. O coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.

A partir das 19:00 horas sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.
 

Lugo celebra o 21 aniversario da declaración da Muralla como...
Comentarios