Os lucenses prepáranse para reivindicar o uso do galego no Correlingua

A lema da carreira será A lingua non para

Presentación do Correlingua. IRIS ÁLVAREZ
photo_camera Presentación do Correlingua. IRIS ÁLVAREZ

Os estudantes lucenses de ensino secundario e bachalerato ocuparán este mércores a Praza de Santa María para reivindicar un ano máis a importancia do galego. A cidade acollerá unha nova edición do Correlingua, que ten como lema A lingua non para, que se organizasen toda Galicia e cumpre xa 18 anos.

Lugo sumarase aos 3.000 rapaces de 56 centros educativos de toda a provincia que participarán nos actos da nova de edición Correlingua 2018. Mondoñedo celebrará esta carreira reivindicativa o xoves e os estudantes de Monforte de Lemos acudirán ao Parque dos Condes o día 14. Poderán participar nos actos os alumnos menores de 20 anos.

A deputada provincial de cultura, Pilar García Porto, presentou este luns o programa de actividades no Pazo de San Marcos, no que o goberno provincial invertiu 15.000 euros. No acto tamén participaron o coordinador de Correlingua na comarca de Lugo, Manuel Muñiz; a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, e a concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón.

O coordinador Manuel Muñiz destacou que a escola adoita ser en moitos casos a "única relación" dos estudantes coa súa lingua materna. O resto de autoridades apuntaron na mesma dirección e insistiron na importancia de eventos en prol da lingua.

O Correlingua será igual en todos os puntos da xeografía galega. Os rapaces participan nunha carreira e lese o manifesto Rapea que a lingua non para, escrito polos alumnos do Ies Antón Fraguas de Santiago de Compostela. Haberá actuacións musicais da Orquesta Cé Pantasma e entregaranse os premios do concurso de pancartas.

Estudantes de toda Galicia xa participaron estes meses en distintas modalidades do Correlingua 2018. Os alumnos de quinto de primaria do Ceip Albeiros gañaron na modalidade de banda deseñada. En vídeo de primaria e infantil venceu o colexio Ramón Cabanillas de Santiago de Compostela e no de secundaria e bacharelato, o colexio Seminario Menor A Inmaculada de Ourense.

Celébranse actividades noutros concellos de Galicia como Bueu, A Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Tomiño, Ourense, Ferrol e Vigo.

Comentarios