O leirapárking do Hula, listo para reabrir este mércores

O aparcadoiro volverá a estar aberto desde este mércoles tras as obras para dotalo dun novo firme drenante
Arroxo e Penas visitan as obras do leirapárking. EP
photo_camera Arroxo e Penas visitan as obras do leirapárking. EP

O aparcadoiro gratuíto do Hula, o chamado leirapárking, abrirá este mércores de novo tras rematar as obras para dotalo dun novo firme drenante para evitar os problemas que xurdían cada vez que chovía de forma intensa. Ademáis, tamén se definiron as zonas de circulación co fin de acabar cos atascos provocados polos vehículos mal estacionados

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitaron a zona logo de rematar as actuacións, nas que se investiron máis de 40.000 euros. Segundo o nacionalista, fíxose "unha intervención a fondo para tratar de rematar cos problemas de drenaxe que provocaban fochancas de xeito continuo”.

"Na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que, xunto a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choiva, fixo que se formaran lameiras", engadiu.

A actuación consistiu na substitución do anterior material por unha capa de zahorra sen finos de 10cm, que permitirá a drenaxe de auga. Ademais, diferenciáronse as zonas de paso das de estacionamento usando zahorras de diferentes cores, para evitar así que se formen atascos por vehículos mal estacionados.

Segundo Arroxo, "o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, debido a que este terreo está afectado polo 5% do plan xeral sen aprobar, non é posible.

Ademais, o aparcadoiro conta agora con dous novos accesos na parte baixa e ampliouse tamén a entrada principal.

Comentarios