A Xunta investigará se dúas funcionarias negaron a atención en galego en Lugo

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a suposta irregularidade, que responde á queixa dunha usuaria 

Placa que luce el edicio administrativo de la Xunta de Galicia en Lugo. AEP
photo_camera Placa que luce o edifico administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. AEP

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou a existencia dunha "queixa" por parte dunha usuaria porque, supostamente, dúas funcionarias do Servizo de Deportes e la Xunta contestáronlle de malos modos e negáronse a atendela en galego, a pesar de que ela llo pediu expresamente.

Balseiro confirmou que se "analizarán os feitos" e "comprobaranse" as versións tanto da usuaria como das dúas funcionarias para determinar que sucedeu realmente e seguirase "coa tramitación correspondente" da queixa presentada por esta persoa, da que esta semana se fixo eco A Mesa pola Normalización Lingüística.

"Quero falar con estas dúas persoas", dixo Balseiro, quen asegurou que na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, os funcionarios e traballadores públicos "esfórzanse por ofrecer o mellor servizo posible" aos administrados e atender "ás súas demandas, ben en galego ou ben en castelán, en función das súas preferencias".

De feito, recoñeceu que, como usuaria da administración autonómica, esa persoa tiña dereito a solicitar atención en galego.

O caso foi denunciado pola Mesa pola Normalización Linguística e segundo o relato da usuaria, ao pedirlle a unha das funcionarias que a atendese en galego, díxolle: "no me da la gana. Soy funcionaria y puedo escoger el idioma que yo quiera".

Entón, dirixiuse a outra empregada pública e, de acordo co seu testemuño, esta contestoulle tamén de malos modos e espetoulle: "Yo solo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego" e "si se pierde mejor. Ni gallego, ni catalán, con solo castellano mucho mejor".

Comentarios