A historia viva do punk galego

Dakidarría actúa este venres, ás 23.00 horas, na Praza de Santa María
Dakidarría. EP
photo_camera Dakidarría. EP

A histórica banda Dakidarría, formada por oito músicos e unha música, cumpre 18 años sobre os escenarios e chega ao San Froilán este venres.

O seu guitarra e voz principal, Gabri, asegura que todos os compoñentes están "moi ilusionados con actuar nas festas de Lugo —desde as 23.00 horas, na Praza de Santa María—, porque era unha cita que, a pesar de ser galegos, tiñamos pendente desde hai un montón de tempo e que por fin cumprimos".

Fano, ademais, nun momento moi especial, xusto cando alcanzan a súa maioría de idade, e mentres rematan o lanzamento do seu sexto disco, Colaxe. Dakidarría, que se consagrou como un auténtico referente da música contestataria galega, fusiona ska, reggae e punk con ritmos urbanos, sempre acompañados de letras revolucionarias que chegan a incluír ata doce linguas distintas.

O cartel do venres complétase, ademais, con outras dúas bandas: Minton’s Jazz, un quinteto lucense que rememora os ritmos de Harlem; e Skintight, un grupo tamén de Lugo de rock clásico.