Guido Guía e o arqueólogo Francisco Herves lanzan o proxecto #OLugoMáisArqueolóxico

Busca crear sinerxías entre os dous campos cun ánimo divulgativo dun dos grandes patrimonios da cidade de Lugo
Guido Álvarez. AEP
photo_camera Guido Álvarez. AEP

O guía e activista turístico Guido Álvarez e o arqueólogo Francisco Herves unen os seus camiños e proxectos (Guido Guía e Fortes&Herves) nunha nova iniciativa bautizada como #OLugoMáisArqueolóxico.

"No 2022 nace esta nova colaboración que buscará crear, con apertura para todos os profesionais e persoas que se animen, unha nova sinerxía entre o turismo e a arqueoloxía na cidade de Lugo. Un camiño cara o desexado #LugoPatrimonioMundial. Divulgación, intercambio de coñecementos e potenciais actividades relacionadas… ficade atentos!", explica na súa páxina web Guido Álvarez.

Trátase dun proxecto orientado á divulgación dun dos grandes patrimonios que ten Lugo, o arqueolóxico, que emprenden un dos máis activos guías turísticos da cidade, como é Guido Álvarez, e unha das persoas que máis saben das escavacións que se fixeron en Lugo nas últimas décadas. Haberá paseos guiados e tamén outras actividades divulgativas sobre a arqueoloxía lucense. 

Comentarios