Gonzalo Caballero chama a "non confiarse" polas enquisas favorables

O secretario xeral do PSdeG cre que o goberno se decidirá "por unha decena de votos"

Gonzalo Caballero, en Lugo. XESÚS PONTE
photo_camera Gonzalo Caballero, en Lugo. XESÚS PONTE

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo este domingo un chamamento a "non confiar" no suposto "gran impulso de apoio ao PSOE" nas enquisas de cara ás eleccións xerais do 28 de abril, xa que "se van decidir por unha decena de votos".

"Cada voto conta, non debemos confiarnos; estamos ante unhas eleccións fundamentais", afirmou Caballero en declaracións á prensa antes de participar nun mitin en Lugo xunto ao ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque.

Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas de Galicia reivindicou a necesidade de "seguir mobilizándose" para evitar "un goberno das dereitas".

"Os socialistas galegos estamos moi mobilizados e debemos seguir así, buscando cada voto e que ninguén quede en casa o próximo 28 de abril", apuntou Caballero.

Comentarios