O Goberno de Lugo renova o firme do lugar da Torre, no barrio de Albeiros

A concellería de Infraestruturas renovará a capa de rodadura con mestura bituminosa en quente
Arroxo y Alexandre Penas no lugar de A Torre. EP
photo_camera Arroxo y Alexandre Penas no lugar de A Torre. EP

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou a renovación do firme do Lugar da Torre, no barrio de Albeiros. Trátase dunha rúa "nun avanzado estado de deterioro" debido a que a pavimentación actual ten xa moitos anos. 

A solución que aplicará a concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor, xunto co pintado de nova sinalización horizontal e a instalación de novos sinais verticais de indicación.  Alexandre Penas explicou que  "esta solución asegurará un selado do firme ante a acción da auga, e unha prolongada duración do traballo realizado".

"Con esta intervención pretendemos solucionar desta maneira unha solicitude que a veciñanza da contorna nos fixo chegar, para mellorar a súa calidade de vida", afirmou Alexandre Penas.

A concellería de Infraestruturas contratou esta actuación xunto con varias renovacións de asfalto na zona norte da cidade. Alexandre Penas sinalou que "un dos eixos do traballo que realizamos desde a concellería de Infraestruturas é atender aos distintos barrios para que todas as veciñas e veciños teñan acceso a instalacións públicas de calidade".

Comentarios