O Goberno de Lugo renova o asfalto na pista de Marcelle, no barrio da Piringalla

A concellería de Infraestruturas actuou nestes días neste vial, que une as rúas Mar Cantábrico e Rei Chiquito

Marcelle (3) (1)
photo_camera Reparación do asfaltado da pista de Marcelle. CEDIDA

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou xunto con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, o barrio da Piringalla, onde se está a renovar o asfaltado da pista de Marcelle. Arroxo explicou que "o firme desta vía estaba moi desgastado e era necesario realizar unha intervención para mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza da zona".

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas Urbanas consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira.

A intervención foi adxudicada a Construcciones Leonardo Miguélez SL cun orzamento de 19.178,50€.

Arroxo destacou que "desde a concellería de Infraestruturas planificamos o traballo a realizar tendo en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven".

Comentarios