domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

O Goberno de Lugo aproba a peonalización da rúa Rafael de Vega

Rafael de Vega (2)
Rubén Arroxo sinala un lugar da rúa Rafal de Vega. EP


O proxecto sairá a licitación por 285,842.99€ e un prazo de execución de 6 meses

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou este sábado que o Goberno de Lugo aprobou o proxecto para peonalizar a rúa Rafael de Vega, onde se construirá unha nova zona peonil.

"Durante a elaboración deste proxecto mantivemos xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa e gañar unha nova zona peonil”, sinalou Rubén Arroxo.

O Goberno de Lugo aprobou iniciar o procedemento de licitación desta actuación, que terá un orzamento máximo de 285.842,99 euros e un prazo de execución de 6 meses.

"Trátase dunha zona con moita poboación, pero que non conta con zonas verdes nin peonís amplas", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "con esta humanización conseguiremos un espazo de lecer necesario para a veciñanza ao mesmo tempo que se continuará a traballar na redución de tráfico rodado en toda a cidade".

 
 

O Goberno de Lugo aproba a peonalización da rúa Rafael de Vega
Comentarios