O goberno de Lugo activa a transformación da Praza do Sagrado Corazón

"Esta conversión permitirá gañar un novo espazo peonil que actualmente xa é moi utilizado pola veciñanza da zona", explicou Arroxo

Arroxo presentou a proposta ás veciñas e veciños da zona. EP
photo_camera Arroxo presentou a proposta ás veciñas e veciños da zona. EP

O goberno de Lugo aprobou este mércores a activación do proceso de contratación para transformar a praza do Sagrado Corazón. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, presentou a proposta ás veciñas e veciños da zona. "Este espazo converterase nun punto de encontro para a veciñanza do Sagrado Corazón, mellorando a imaxe e a seguridade da zona", explicou Rubén Arroxo

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a activación do  procedemento de licitación desta actuación, que terá un orzamento máximo de 110.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. Xunto coa transformación da rúa, renovaranse tamén os servizos soterrados, como o alumeado –cuxa instalación se soterrará– e cambiarase o illamento e a impermeabilización do edificio. Ademais, instalaranse novo mobiliario urbano.

Coa renovación do alumeado público avanzarase na implantación de luminarias LED, "que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual2. Rubén Arroxo explicou que "o novo alumeado mellorará a seguridade da zona, ao mesmo tempo que se mellora a estética da zona e se reduce o consumo enerxético".

Comentarios