Sábado. 17.11.2018 |
El tiempo
Sábado. 17.11.2018
El tiempo

Galiza Nova colga unha bandeira independentista na ponte romana de Lugo

Bandeira independentista na ponte romana de Lugo. EP
Bandeira independentista na ponte romana de Lugo. EP

As xuventudes do BNG comenzaron así os actos para celebrar o Día da Patria o vindeiro 25 de xullo

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, comezou os actos para celebrar o Día da Patria o 25 de xullo. Os membros do colectivo en Lugo despregaron unha gran bandeira independentista galega desde a ponte romana.

Nos vindeiros días, Galiza Nova continuará as súas accións. Este martes, sen ir más lonxe, colocará un mosaico na honra a Castelao na rúa Bispo Aguirre ás 18.00 horas.

O mércores, 18 de xullo, organizan un roteiro pola cidade de Lugo cun pelotón ciclista para convidar a todas as persoas a participar nos actos do 25 de xullo en Santiago de Compostela. O xoves, o voceiro municipal do BNG, Rubén Arroxo, percorrerá Lugo para sinalar aqueles lugares nos que persoeiros e organizacións relacionadas co nacionalismo tiveron presenza na ciade de Lugo. Os actos pecharanse o venres 20 de xullo cunha Foliada pola Patria que se celebrará na Praza do Campo.

Galiza Nova colga unha bandeira independentista na ponte romana de...
Comentarios