Vicerreitor do campus da USC en Lugo

Francisco Fraga: "Non perdo un prato de polbo"

A súa prenda favorita do traxe tradicional é o chaleco ► Sempre merca unha pulseiriña de coiro nalgún dos postos de artesanía
Francisco Fraga, cunha chaquetiña do Cafú, pano de seda na cabeza e monteira baixa tipo betanceira. S.S. / V.R. / X.P.
photo_camera Francisco Fraga, cunha chaquetiña do Cafú, pano de seda na cabeza e monteira baixa tipo betanceira. S.S. / V.R. / X.P.

Ao vicerrector do campus de Lugo favoréceo o chaleco. O chaleco en xeral, di el. Por iso, esa sería a súa prenda preferida do traxe tradicional. Francisco Fraga non lle perdoa, polo menos, unha ración de polbo a cada edición das festas de San Froilán, algo que xa ve tradicional na súa vida. Ao igual que mercar unha pulseriña de coiro nalgún dos postos de artesanía. Por outra banda, incapaz de escoller unha palabra para definir as festas, opta por elixir catro: "A festa do pobo".

Canto estaría disposto a pagar por unha ración de polbo nas casetas do San Froilán?
Pois o que está estipulado, que son 12 euros.

Cal é a fórmula máxica para que as festas de San Froilán se distingan doutras que se fan en Galicia?
Penso que, sobre todo, é unha festa que está na tradición de moitas familias, tanto de toda Galicia como tamén doutras comunidades como, por exemplo, Asturias e Castela e León.

Hai algo que nunca se perda en cada unha das edicións das festas de San Froilán?
Non perdo un prato de polbo. Todos os anos o como.

Cal é o seu nivel de gasto nas festas de San Froilán?
É difícil de cuantificar cando tes dous fillos. É algo totalmente imprevisible neste caso.

Churros ou castañas?
Churros.

Que San Froilán prefire: o das multitudes do Domingo das Mozas ou o máis tranquilo do resto dos días de semana?
O máis tranquilo do resto dos días de semana.

Cal é o cachifallo que todos os anos compra nos mercadiños do San Froilán?
Unha pulseira de coiro.

Bota de menos os senegaleses?
Non, non os boto de menos.

Lígase moito no San Froilán?
Supoño que si pero eu xa non estou nesa etapa da miña vida polo que non sei o que pasa realmente agora nas festas.

Se tivese que resumir as festas nunha palabra, cal se lle pasaría pola cabeza?
Serían varias palabras e resumiríaas con esta definición: "A festa do pobo".

Cal é ese segredo inconfesable relacionado coas festas que nunca lle contou a ninguén?
Non teño ningún tipo de secretos que poidan chegar a ser totalmente inconfesables.

Cantas veces na súa vida vestiría o traxe rexional?
As que faga falta. Non teño ningún problema ao respecto.

De ter que escoller unha prenda, cal elixiría e por que?
O chaleco porque penso que é unha prenda que me senta ben.

Comentarios