Un fotomatón para celebrar os 19 anos da muralla como Patrimonio Mundial

Está instalado nos soportais do consistorio e permite facerse unha instantánea que tamén pasa a formar parte dun panel coa silueta do monumento
Dúas das persoas que participaron no fotomatón. XESÚS PONTE
photo_camera Dúas das persoas que participaron no fotomatón. XESÚS PONTE

Centos de persoas animáronse a retratarse no proxecto A Muralla e ti, unha iniciativa da área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo para conmemorar o 19º aniversario da declaración do monumento como Patrimonio da Humanidade

Durante a fin de semana, de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas, está instalado un fotomatón nos soportais do concello para que permite facerse unha instantánea que tamén pasa a formar parte dun panel coa silueta da muralla.

O proxecto terá continuidade o sábado 30 de novembro, que é o día no que se celebra o 19 aniversario da declaración. O calendario de actividades do aniversario da presentaranse na vindeira semana. “A intención que todas as participantes completen, de xeito simbólico, a silueta da muralla para conformar unha imaxe de integración entre o noso monumento e as persoas que disfrutamos da súa existencia", explicou o tenente de alcalde, Rubén Arroxo.

Trátase dunha actividade totalmente gratuita e as persoas que participan reciben, tamén, unha fotografía de lembranza na que aparece a súa imaxe cun fondo da zona da Mosqueira.