jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

COLOQUIO: MODELOS DE CIDADE

Un foro salienta que Lugo debe apostar pola peonalización para ser unha urbe máis atractiva

El Progreso de Lugo, junto con Diario de Pontevedra, organizó este jueves el foro Construíndo as cidades do futuro, que contó con la participación del alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, y del teniente de alcalde de Lugo y responsable del área de movilidad, Rubén Arroxo.

En la cita, que estuvo moderada por el periodista de El Progreso Xoán Carlos Vidal, intervino también Pablo Fuentes, jefe del servicio de ingeniería del Concello de Lugo; Mónica Pérez, presidenta de la Asociación de Autoescuelas de Lugo, y Pablo Veiga, representante del colectivo Masa Crítica, que promueve desde hace años el uso de la bicicleta en Lugo.

El encuentro se produce en un momento en el que la ciudad se prepara para dar un nuevo paso en materia de peatonalización, con proyectos como los de la Ronda da Muralla en la zona de A Mosqueira o el de Quiroga Ballesteros, donde las obras están ya en marcha.

En el encuentro participó el alcalde de Pontevedra, un referente en la transformación urbana, cuyo modelo ha merecido diversos premios internacionales.

El Progreso organizou un coloquio sobre os modelos de cidade coa capital lucense e Pontevedra como exemplos

"O obxectivo futuro de Lugo é que o casco histórico ten que ser peonil e que o entorno da muralla, que é o noso elemento patrimonial máis importante, ten que chegar a ser un día se non completamente peonil, si na súa gran maior parte". Ese é o camiño que debe seguir a capital lucense ao entender do primeiro tenente de alcalde e responsable da área de mobilidade e infraestruturas, o nacionalista Rubén Arroxo, tal e como asegurou exte xoves no coloquio Construíndo as cidades do futuro, organizado polo xornal El Progreso.

Son varios os argumentos que avalan a cada vez máis decidida aposta pola peonalización nas cidades, segundo se puxo de manifesto neste foro, desde reducir a contaminación acústica e as emisións de dióxido de carbono á atmosfera ata calmar o tráfico e mellorar a seguridade vial.

Un dos efectos da peonalización é que "favorece claramente ao comercio local", salientou outro dos participantes, o alcalde de Pontevedra, o tamén nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, que puxo a súa como exemplo de cara onde deben encamiñarse as cidades. Dixo que "o pequeno comercio multiplicou por tres as vendas" desde que aplicou esta medida en todo o centro.

Fernández Lores lembrou que, segundo un estudio, "o 90% das persoas merca alimentación, roupa ou calzado andando" na Cidade do Lérez.

Miguel A. Fernández Lores: "Quen máis vende, Zara, non coloca tendas en circunvalacións de catro carrís, senón en zonas peonís"

"Quen máis vende no mundo, Zara, o grupo Inditex, non coloca as tendas nas circunvalacións de catro carrís, senón nas zonas peonís ", apuntou quen leva 21 anos ao fronte do Concello de Pontevedra.

Rubén Arroxo, que defende que "o futuro das cidades camiña cara a peonalizar", recurriu a exemplos de rúas como Bispo Aguirre ou Divina Pastora na capital lucense para defender esa postura. "Hai 20 anos podía haber máis preocupación, a día de hoxe hai a experiencia suficiente para saber que é positiva", precisou.

O primeiro tenente de alcalde e responsable da área de mobilidade e infraestruturas considera que as dúbidas que poidan existir "van cambiar" o ano que vén cando deixen de circular os vehículos polo treito da Ronda da Muralla na Mosqueira. Ese troco contribuirá ademais ao seu xuízo a promocionar o monumento romano.

"Non estamos potenciando nin o un por cento a muralla. A día de hoxe témola como unha rotonda", afirmou o concelleiro nacionalista, que lembrou que no último ano "sete grupos de veciños pediron peonalizacións en diversos barrios".

Rubén Arroxo: "O entorno da muralla ten que chegar a ser un día se non completamente peonil, si na súa gran maior parte"

Neste coloquio, moderado polo xornalista de El Progreso Xoán Carlos Vidal, tamén participaron o xefe do servizo de enxeñería do Concello de Lugo, Pablo Fuentes; un dos voceiros do movemento cidadá Masa Crítica, Pablo Veiga, e a presidenta da Asociación de Autoescolas de Lugo, Mónica Pérez.

Esta última, que puxo a "Pontevedra como exemplo a seguir", coincidiu con Arroxo e Lores en que "a peonalización dalgunhas zonas de Lugo, como o casco histórico, á larga vai ser favorecedora para o comercio local".

RONDA DA MURALLA. Pablo Fuentes explicou durante este foro que hai treitos da Ronda da Muralla que "a priori" teñen "máis facilidade" para peonalizar debido a que existen itinerarios alternativos para o tráfico rodado, como é o caso do que vai desde a Porta de San Fernando ata a de Bispo Odoario, que se podería desviar por unha rúa paralela como Concepción Arenal.

Pero o xefe do servizo de enxeñería do Concello de Lugo advertiu de que a peonalización "debe ir da man da redución do tráfico" e non que se opte porque o mesmo volume de vehículos circule por outra ruta.

Pablo Fuentes: "A peonalización debe ir da mán da redución do tráfico e non de desviar o mesmo volume por un itinerario alternativo"

PASOS A DAR. Fernández Lores dixo que "a grandeza do modelo de Pontevedra" é que conseguiu que circulen "os coches necesarios para que a cidade sexa dinámica, creza, sexa atractiva e funcione ben", que, segundo precisou, "son menos dos que pensamos".

Desde que accedeu á alcaldía en 1999, segundo contou o rexedor local, apostou pola redución "drástica " do volume de vehículos, que en horas puntas chegaba a ser de 150.000 ao día, entre entradas e saídas, mediante a limitación do tráfico de paso e do de "axitación", que son aqueles turismos que están dando voltas para aparcar sen ter onde, e a potenciación do que é imprescindible (residentes, transporte público, mensaxería, emerxencias, carga e descarga...).

Lores explicou que aumentaron as beirarrúas, cun mínimo de 3,5 metros de ancho; acondicionaron plataformas únicas —rúas nas que a calzada está ao mesmo nivel que as marxes—; suprimiron semáforos; melloraron o alumeado público; eliminaron barreiras arquitectónicas e implementaron aparcadoiros.

Estes últimos son de varios tipos: soterrados, unha ducia en toda a cidade que teñen dúas prantas para uso horario e unha terceira para residentes; de servizos, están no centro e son gratuítos para estacionar uns 15 minutos mentras se fai unha xestión, e de borde, están nos arredores, a cinco ou dez minutos a pé do centro. Hoxe precisamente ten previsto acudir á posta en servizo dun novo que se acondicionou con 60 prazas.

Mónica Pérez: "Deberían habilitarse aparcadoiros disuasorios para evitar o colapso do tráfico nas zonas escolares"

O alcalde explicou que con esta batería de medidas se reduciu nalgunhas rúas o tráfico "de 14.000 ou 15.000 vehículos diarios a 400 ou 500" sen que a actividade económica se vira resentida. "O coche en Pontevedra está amaestrado, non pita, vai á velocidade da persoa, e cando pita é de fóra", bromeou.

Tamén detallou que se limitou a 30 quilómetros por hora a velocidade en todos os viais municipais, incluído no rural; a 20 nas rúas de plataforma única e a 10 nas peonís. "A transformación feita foi para poñer ás persoas en primeiro lugar", aseverou.

Con estes pasos dados salientou que en Pontevedra se pasou de 30 mortos por atropelo entre 1997 y 2007 a tres nos dez anos seguintes, se ben desde 2011 ata a actualidade non houbo ningún falecido, polo que acaba de recibir o primeiro premio de seguridade vial da Comisión Europea.

APARCAMENTO. Rubén Arroxo tamén apostou para contribuír a reducir o tráfico no centro por ese tipo de aparcadoiros, que estean a dez minutos a pé do centro, frente a volver implantar o sistema Ora, suprimido hai cinco anos en Lugo, porque considera que "non era a solución". En Pontevedra desapareceu en 1999 porque, segundo explicou Fernández Lores, tiña un fin "recaudatorio".

Pablo Veiga: "Non é operativo limitar os diésel en Lugo, do que se trata é de que se use menos o coche dentro da cidade"

A presidenta da Asociación de Autoescolas de Lugo tamén ve "ineficiencia " no sistema Ora e demanda aparcadoiros disuasorios, sobre todo, para "evitar o colapso do tráfico nas zonas escolares".

O xefe do servizo de enxeñería, pola súa banda, sostivo que "debería existir algún sistema de xestión de aparcamento", pero "non universal" como o que existiu, senón por barrios ou zonas de actividades.

RESTRICIÓNS. Sobre a decisión de grandes urbes de limitar o acceso ao centro aos vehículos diésel, os participantes no foro coincidiron en que esa medida non é axeitada para cidades como Lugo ou Pontevedra. Rubén Arroxo, que amosou certas dúbidas sobre "o suposto criterio ecolóxico" que se aplica, considera que se "castigaría ás rendas baixas" porque son os que adoitan ter este tipo de turismos. "A clave da contaminación nas cidades é o volume de vehículos, non o tipo", afirmou Fernández Lores, que lembrou que segue a desprazarse nun utilitario matriculado hai 24 anos.

"Limitar os vehículos diésel non creo que sexa operativo en Lugo", dixo Pablo Veiga, que defendeu o lema do seu movemento, Un coche menos, e o uso da bicicleta nas cidades porque é "un medio de transporte eficaz, económico, ecolóxico, saudable...".

Este voceiro de Masa Crítica tamén demandou que se recupere o servizo de aluguer de bicicletas na capital lucense, que Arroxo dixo que é "unha posibilidade a analizar".

Pontevedra | Un modelo de cidade a seguir
A Cidade do Lérez, con máis de 80.000 habitantes, dos que unha cuarta parte residen no rural, segundo salientou este xoves Lores, ten moito camiño andado na súa peonalización. Limitou antes que moitas urbes a velocidade, 30 kilómetros por hora en todo o municipio, 20 nas rúas de plataforma única e 10 nas peonís. Ese calmado do tráfico, ao xuizo do seu alcalde, contribuíu a mellorar a seguridad vial e a que desde 2011 non se teña rexistrado ningún atropelo mortal.

Aparcadoiros
Unha das medidas polas que apostaron os gobernos municipais de Lores desde 1999 é por acondicionar aparcadoiros, como os de borde, para que os cidadáns deixen os seus coches e se acheguen ao centro camiñando.
Lugo | Camiña cara á peonalización
A capital lucense, con máis de 98.000 habitantes, está acometendo a peonalización de Quiroga Ballesteros e o ano que ven tocaralle o turno a da Ronda da Muralla, no senlleiro treito da Mosqueira. Arroxo, que considera que para cambiar o uso do vehículo cómpre "infraestruturas e concienciación", aposta tamén pola renovación das liñas de autobuses urbanos, que cando entre en funcionamiento permitirá que "cada dez minutos" haxa un servizo para atravesar os cinco quilómetros e medio que ten a cidade de norte a sur.

Rural
O primeiro tenente de alcalde recoñeceu que este servizo non pode chegar a todas partes no que é o municipio de Galicia con máis parroquias no rural, 54 con 310 núcleos.

Un foro salienta que Lugo debe apostar pola peonalización para ser...
Comentarios