A frota de transporte urbano de Lugo contará cun novo bus híbrido

Rubén Arroxo sostén que un dos obxectivos da súa área de Mobilidade é reducir a vída media dos vehículos que ofrecen este servizo
Rubén Arroxo e edís do BNG, na presentación do novo autobús urbano.EP
photo_camera Rubén Arroxo e edís do BNG, na presentación do novo autobús urbano.EP

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que nas vindeiras semanas se incorporará un novo autobús híbrido á frota de transporte urbano da cidade.

"Dentro da renovación do transporte público que estamos a levar a cabo dende a área de Mobilidade e Infraestruturas inclúese a renovación dos vehículos. Queremos que a xente aposte polo bus urbano para reducir tráfico na cidade e avanzar nunha cidade sostible cunha mobilidade alternativa e ecolóxica" indicou Arroxo.

O edil nacionalista precisou que "este novo bus híbrido aforrará combustible e producirá menos emisións de gases e partículas". Nesta liña, explicou que o obxectivo da área de Mobilidade é "reducir a idade media da frota de buses, que actualmente está en sete anos e medio", lembrou. 

Por outra parte, Arroxo volveu comentar que se está "a traballar, xunto coa empresa adxudicataria, nas novas liñas de bus e no funcionamento das pantallas informativas". O tenente de alcalde tamén recordou esta semana que o bonobús en Lugo é o máis barato de todas as cidades españolas.

Comentarios