martes. 03.08.2021 |
El tiempo
martes. 03.08.2021
El tiempo

Fingoi de Abaixo terá unha plataforma única con preferencia peonil

Arroxo y Penas visitan Fingoi de Abaixo.EP
Arroxo y Penas visitan Fingoi de Abaixo.EP

Rubén Arroxo asegura que o modelo "demostrou a súa viabilidade en rúas estreitas, e mellorará as condicións destas rúas"

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, informou que este mércores se aprobará a transformación de Fingoi de Abaixo.

"Trátase dun proxecto importante para a mellora da accesibilidade no barrio, no que apostamos polo modelo de plataforma única con preferencia peonil, dado que se trata dunha zona na que o tráfico maiormente é residencial", explicou Rubén Arroxo. O modelo de Plataforma Única, permitirá adicar o espazo ao tránsito peonil, sen afectar á dispoñibilidade de prazas de estacionamento.

Na actualidade, as beirarrúas da zona non chegan a cubrir o ancho mínimo esixido pola lexislación, e o asfalto conta cunha banda de rodadura moi deteriorada, o que afecta tanto á seguridade viaria como á capacidade de evacuación de augas pluviais.

A xunta de goberno local aprobará o mércores a apertura do procedemento de licitación desta actuación, que terá un orzamento máximo de 147.677,77 euros e un prazo de execución de 4 meses. Xunto coa transformación da zona, renovarase tamén o alumeado público, avanzándose na implantación de luminarias LED, que contan con consumos inferiores ás luminarias instaladas actualmente, e terán unha tonalidade máis agradable que a actual. 

Rubén Arroxo explicou que "o novo alumeado mellorará a seguridade da zona, ao contarse cun novo alumeado máis uniforme, ao mesmo tempo que se mellora a estética da zona e se reduce o consumo enerxético".

Fingoi de Abaixo terá unha plataforma única con preferencia peonil
Comentarios