sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Ferreiro di que hai que celebrar "cada ano" a declaración da Muralla como Patrimonio Mundial

Maite Ferreiro, na Trampa de Vagalumes. EP
Maite Ferreiro, na Trampa de Vagalumes. EP
A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua lembra que o logro chegou despois da "implicación exemplar" da veciñanza lucense

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asegurou este luns que "a declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade é un logro que debemos celebrar cada ano".

Ferreiro destacou a importancia da declaración —que este luns cumpriu 20 anos— desde a Trampa de Vagalumes, a instalación que a área de Cultura puxo na praza de Santa María. "Este logro vén despois de traballos conxuntos das distintas administracións e da implicación exemplar da veciñanza de Lugo", indicou. 

A concelleira nacionalista explicou que a situación sanitaria fixo que o Concello tivera que "repensar a celebración desta data para garantir" que se cumplisen os protocolos de Sanidade. 

A instalación da Trampa de Vagalumes pechou a serie de instalacións lumínicas que se levaron a cabo en cinco portas da muralla. Ademais, esta tarde terá lugar o concerto 20 pezas para a Muralla, no que participan as corais do Hospital, Solo Voces e Cantar Delas. 

CONCERTO DA FILHARMÓNICA. A Filharmónica de Lugo ofrecerá dous pases dun concerto en homenaxe á muralla o próximo sábado, 5 de decembro, ás 18.00 e ás 20.00 horas. As entradas, de balde, están a disposición do público na páxina web entradaslugo.es ou na oficina de turismo.

Ferreiro di que hai que celebrar "cada ano" a declaración da...
Comentarios