O Concello quere abrir vías para traballar con proxectos educativos alternativos

Os edís Ferreiro e Rivas visitan as instalacións de Semente en Barbaín
Maite Ferreiro e Felipe Rivas visitan Semente. EP
photo_camera Maite Ferreiro e Felipe Rivas visitan Semente. EP

Os concelleiros de cultura e de educación de Lugo, Maite Ferreiro e Felipe Rivas, respectivamente, visitaron este martes as instalacións da escola Semente, situada en Barbaín. 

Os edís nacionalistas coñeceron de primeira man as bases deste proxecto educativo, baseado na conservación da lingua galega e "nunha pedagoxía transformadora" que entende a escola como unha parte integrante da sociedade e que camiña cara a un "proceso de aprendizaxe democrático".

Rivas explicou que desde o Concello búscase abrir unha nova vía para "traballar da man con todos os proxectos educativos alternativos" que hai en Lugo. E engadiu: "Nesta visita tamén puidemos escoitar as propostas e necesidades de Nenea, que nos servirán para desenvolver a planificación do traballo da concellería de educación".

A Escola de Ensino Galego Semente ubícase na antiga escola unitaria de Barbaín e pertence a unha rede de cinco escolas repartidas por Galicia.

Comentarios