martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Fernando Toubes: "A xincana é para axudar ao noso pequeno comercio"

Librería Galicia organiza unha proba en 35 negocios con 3.000 euros en material escolar

En que consiste a xincana que organiza?
É unha idea coa que repartimos 3.000 euros en vales de 25, polo que nos quedan 120 vales en sobres. Ademais de estos, tamén hai sobres sen premio que poñen ‘siga buscando’. O xogo consiste en vir á librería buscar as pistas, e logo adiviñar a qué local do barrio lle corresponde cada unha. Se acertan e van ao negocio correcto, reciben un vale.

Fernando Toubes, da librería Galicia. EPCal é o obxectivo desta iniciativa?
Principalmente, a promoción do barrio e do comercio pequeno, xa que agora está a pasar por un moi mal momento e non queremos que se afunda. E dar a coñecer as actividades que se poden facer na nosa zona.

Como se pode participar na xincana?
Para participar, o único requisito é reservar os libros do próximo curso escolar na nosa librería. No momento no que o fagan, outorgámoslle a folla coas pistas para que comezen a buscar.

Como se lle ocorreu?
O ano pasado fi xen algo parecido, escondendo uns décimos de lotería de Nadal, así que me pediron que fixese algo así para poder promocionar o barrio e axudar nun momento difícil.

Fernando Toubes: "A xincana é para axudar ao noso pequeno comercio"
Comentarios