Contido patrocinado por Serfuja

Existe algunha relación entre estar en paro e o risco de morte?

É certo que as persoas desempregadas teñen máis perigo de falecer de xeito prematuro?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Segundo diversas investigacións, si se dá unha correlación entre a situación de desemprego e o risco de morte prematura. Unha das máis coñecidas é a publicada polas universidades estadounidenses McGill e Stony Brook, quen calculan que este perigo se dispara ata un 63%.

Logo de empregar estatísticas de 20 millóns de persoas en 15 países occidentais durante catro décadas, concluíron que as persoas desempregadas teñen un maior perigo de falecer de xeito anticipado por unha dobre razón: por unha banda, o estrés que lles provoca non ter traballo; e, pola outra, o menor coidado da saúde que se deriva do seu estatus socioeconómico. Esta situación agrávase especialmente no caso dos homes menores de 50 anos, entre os cales a mortalidade aumenta preto dun 80%.

Tamén en España se teñen desenvolvido estudos deste tipo, coma o que publicou a consellería de saúde catalá en marzo de 2017. Nel, acredita que as persoas que teñen esgotado o subsidio de paro ou viven coa renda mínima de inserción presentan unha taxa de mortalidade case catro veces superior á da xente que ten unha renda superior aos 100.000 euros.
 
Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas