Contido patrocinado por Serfuja

Están os tanatorios preparados para celebrar ritos non católicos?

Cada vez hai máis persoas que se declaran non católicas e tamén máis xente doutras culturas. Están os tanatorios preparados para elas?
Sala oratoria do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA
photo_camera Sala oratoria do tanatorio Serfuja As Gándaras. CEDIDA

A resposta a esa pregunta debe dala cada empresa, xa que a posibilidade de contar cunhas instalacións acaídas e cun equipo humano que poida asumir esa clase de servizos depende exclusivamente de cada tanatorio.

No caso concreto de Serfuja, entendemos que a personalización é algo fundamental para un momento tan íntimo e transcendental coma o do último adeus. Por iso, tratamos de atender todas as demandas que nos trasladan, sempre dentro das nosas posibilidades e, por suposto, co máximo respecto a quen prefiren seguir os ritos católicos.

É por isto polo que tanto a capela do noso tanatorio das Gándaras coma o de Castro Ribeiras de Lea están preparadas para todo tipo de cultos. Así, a propia distribución de espazos coa que se deseñaron as nosas instalacións permite que o cadáver se poida introducir neste lugar de culto, algo co que podemos atender as peticións de todas aquelas familias que desexan organizar esta despedida en calquera deles dous.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas