sábado. 21.05.2022 |
El tiempo
sábado. 21.05.2022
El tiempo

"Eses anos da guerra só os entendemos os que os vivimos"

Pouco uniformados
Pouco uniformados
O día 8, celebración do 70º aniversario do fin da Segunda Guerra Mundial

Da guerra non recordo nada. Lémbrome do final da II Guerra Mundial, xa dixen antes que nós tiñamos casa de comidas, que alí ao xulgado trouxeran a algunha persoa detida, que había un pequeno cárcere. Pero tamén lembro que meu avó e meu pai ían buscar a estes detidos e en vez de durmir no cárcere, durmían na casa. Eran cousas especiais. Eran xente que non se entregara cando foran chamados para facer o servizo. Chamábanlles «escapados», que non eran escapados de nada. O único que querían era defender á súa familia e a súa integridade.

Eloy Rodríguez López / Portomarín

Uns falanxistas ían en busca dun home de esquerdas que se agachou nunha cheminea dunha lareira en Vilamaior de Negral. Foi visto por un dos falanxistas, que pese a todo, calou. Outro home foi perseguido en Miraz. Ocultouse nunha morea de herba, pero foi descuberto e alí o mataron. Outro agachouse nun castiñeiro oco en Xulacasa. Os fuxidos, ao non ter que comer, roubaban nas casas e eran perseguidos pola Garda Civil. Moitos fuxidos doutras parroquias atoparon refuxio na casa do estanqueiro de San Martiño de Condes.

Sandra Ascariz Espiñeira / Friol

A electricidade puxérona o ano 1945, lémbrome ben porque foi o ano en que acabou a guerra grande, a dos outros que non a nosa, que esta rematara tempo atrás, e houbo catro mortos na aldea. Catro mozos levados a unha guerra que non era a súa.

Basilio Losada / Penaboa / Láncara

Meu pai, que pasou aló a Guerra de neno, contoumo moitas veces. Daquela, Mondoñedo era a retagarda dos exércitos de Franco, practicamente unha cidade-hospital á que se evacuaban os feridos da fronte de Asturias. Moitos deses feridos, dicíame meu pai, eran mouros, parte dos 70.000 marroquinos que loitaron contra a República convencidos polos seus qadies de que aquela loita era unha yihad, unha guerra santa (érao, pero doutra relixión, e non é pouco irónico que os dous primeiros mártires da Cruzada se chamasen Ahmed e Iusuf... pero iso xa é outra historia).

Miguel Anxo Murado / Mondoñedo

Durante dúas semanas, permanecín na capital, pero sen poder dirixirme á miña casa en Modesto Lafuente, 12, nin ás dos amigos por estaren baixo control militar e, tras infinitos atrancos e privacións, conseguín chegar a Lugo e refuxiarme na casa do crego da parroquia de A Nova, que era amigo da familia e que me facilitou a fuxida.

Enriqueta Otero / Lugo

Antes, cando eu era rapaz, tiñan moito costume de disfrazarse os vellos e facer as comparsas e todas esas cousas típicas dos carnavais, e acórdome un ano, un dos máis vellos que tería setenta e tantos anos, ía disfrazado de cura e xente con velas. Levábano catro homes coma se levaran unha caixa ao ombro encima dunha escaleira. E cando veu o Movimiento repetiuse en realidade, na estación, en San Clodio. Cando foi da República, entrara de alcalde un mozo, que tería trinta anos, ou trinta e tantos. E cando veu iso tivo que esconderse onde puido. Meteuse nun palleiro entre a herba. Foron por el e matárono, os veciños, matárono e despois polo pobo fixeron esa mesma operación, encima dunha escaleira, catro fulanos e os demais detrás, paseándoo polo pobo. Recordóuseme a min iso mesmo. Moitas veces as cousas imposibles fanse realidade. E non era mala persoa que eu coñecino, pero as fatalidades da vida. O que está preparado para un, nono leva outro.

Salvador Ontiveros Álvarez / Quiroga

De volta a Lugo, nunha asamblea de compañeiros do Frente Popular, Rafael Vega comentou: «Este Calvo está obsesionado con el fascismo». Eu contesteille: «Querido Vega, cando veña o fascismo do que lle falo, a min non me darán caramelos pero a vostede non lle van dar bombóns». Despois tiven a desgraza de saber que o fusilaran.

Jacinto Calvo / Lugo

O Piloto, acompañado por outros dous compañeiros, matou ao Albino da casa de López e a seu irmán de Reiriz. Un capitán da Guardia Civil desprazado a Aldosende para investigar o crime, chamoume para que declarara se el coñecía ao Piloto. «Pola miña casa pasou tanta xente -contesteille-, que non podo afirmar nin negar se o vin nalgunha ocasión». E o alférez que estaba destinado no lugar, díxolle ao capitán: «Eliseo é a mellor persoa do lugar».

Eliseo López González, o dentista de Aldosende / Portomarín

A memoria daquel desastre debe borrarse para sempre. Aínda me parece escoitar as descargas duns fusilamentos ás seis da tarde ao pasar pola rúa do Bispo Aguirre. Mellor é non falar.

Luis Ferreiro Peinó / Lugo

Los soldados pasábamos tanta hambre que íbamos a Nadela a robar maíz y patatas. Nos ofrecieron muchos privilegios si nos presentábamos voluntarios a la División Azul, pero después no cumplieron nada de lo prometido. Era escolta de intendencia y me ocupaba de que el avituallamiento llegase a las tropas. Nunca estuve en una batalla y no pegué ni un tiro en Rusia. A la vuelta, Franco nos recibió como si no hubiésemos hecho nada.

Carmelo Gómez / San Martín das Cañadas / Cervantes

Yo era muy pequeña pero significó el final de nuestra vida de buen vivir. Nos confiscaron todo, hasta la radio. Mi abuelo era de la nobleza lucense, al contrario de mi abuela que era muy humilde. Era magistrado y fue fiscal en el Tribunal Supremo. Cuando abandonó a mi abuela y a sus hijos, el señorío de Lugo no la admitió. Se quedó sola y no tuvo quien le echase una mano.

Gabriela Fole / Lugo

Estiven a punto de morrer en varias ocasións e eu creo que me salvou un escapulario que me regalou unha monxa antes de enrolarme en filas e que aínda conservo.Eu non disparei nunca, aínda que tiven un fusil nas miñas mans en algunha ocasión, pero si que ten ocurrido o levar na padiola a algún ferido e ver caer mortos a compañeiros que levaban a outros soldados tamén feridos.

José Cedrón / Luaces / Pol

Eses anos da guerra só os entendemos os que os vivimos. No momento de estalar ninguén pensaba que ía ser o que foi e moito menos unha guerra tan cruel que durase tres anos. Meus pais enteráronse pola radio de que os militares se levantaran en África. Miña nai asustouse moito. Meu pai estaba máis tranquilo porque pensaba que non era nada, que era unha sanjurjada que, como moito, duraría dúas semanas, pero miña nai, que era moi intuitiva, choraba e temía que algo malo lle puidese suceder a Gonzalo, o meu irmán, catro anos maior ca min, que era un rapaz moi preparado e moi intelixente, que xa era bacharel e perito mercantil.

Luz Pozo Garza / Lugo

A partir de 1944, con los ejércitos alemanes en retirada, muchos maquis reorientaron su lucha antifascista hacia España. La actuación de estos guerrilleros mantuvo a muchos pueblos en vilo, porque aparecían por la noche y no dudaban en matar a gente.

Gerardo Fernández López / Lugo

Yo no tenía miedo. Cuando todo estaba en calma, salíamos a la calle a recoger clavos, puntas y restos de metralla que apilábamos en un punto determinado y a cambio recibíamos entradas para ir al cine.

Julián Marcos Fernández / Lugo

"Eses anos da guerra só os entendemos os que os vivimos"
Comentarios