Pesar polo pasamento do médico Ernesto Gómez Vidal, falecido aos 101 anos

Flores en un cementerio. PIXABAY
photo_camera Flores nun cemiterio. PIXABAY

Foi despedido na intimidade por mor da pandemia, logo do seu falecemento o pasado día 26 de xaneiro á idade de 101 anos Ernesto Gómez Vidal. Pertencente á promoción de Medicina de Santiago de 1946, participou en 2006 nunha reunión na capital galega con outros compañeiros que daquela cumprían sesenta anos desde que chegaran á profesión. 

Gómez Vidal exerceu en Ribeira de Piquín, a onde viaxaban como podían para ser atendidos por el veciños da contorna, algúns a distancias superiores a 40 quilómetros cando as comunicacións eran complicadas. Logo mudouse a Lugo, onde continuou coa súa tarefa médica, e máis tarde a Pasaia Donibane (Gipuzkoa), localidade na que era recordado con gran cariño polos seus pacientes, segundo consta nunha información publicada por Diario Vasco con motivo do seu falecemento. Ademais de como sanitario, Gómez Vidal montou laboratorios de análises clínicas como reforzo ao labor médico. 

As súas cualidades profesionais e humanas fixérono merecedor de distincións como a Medalla de Galicia que lle outorgou a Xunta, así como ser protagonista de homenaxes tanto en Ribeira de Piquín coma no concello vasco de acollida.