martes. 19.10.2021 |
El tiempo
martes. 19.10.2021
El tiempo

Entra en funcionamento o novo alumeado na rúa Quiroga Ballesteros

Arroxo e parte do equipo do goberno local en Quiroga Ballesteros. EP
Arroxo e parte do equipo do goberno local en Quiroga Ballesteros. EP
"Continuamos a traballar para reducir as zonas escuras da cidade, mellorando a seguridade e facendo que todos os veciños de Lugo aforremos na factura da luz que paga o Concello", apuntou Arroxo

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que este xoves entrará en funcionamento o novo alumeado da rúa Quiroga Ballesteros, despois de pasar polos procedementos habituais ao instalar novas luminarias. Arroxo anunciou, ademais, o inicio dos traballos de substitución de luminarias na rúa Clérigos, "unha nova actuación para continuar reducindo as zonas escuras, aplicando a perspectiva de xénero para garantir a seguridade na vía pública".

Na rúa Clérigos estanse a substituír 18 luminarias de 150W que conteñen haloxenuros cerámicos por luminarias LED de 53W, o que permitirá, segundo explicou Arroxo, "avanzar na eliminación dos materiais contaminantes da rede de alumeado público municipal ao mesmo tempo que todas as veciñas e veciños aforramos cartos na factura da luz do Concello".

Arroxo destaca que a actuación da rúa Clérigos supón un investimento de 5.557,37 euros, e permitirá aforrar ao concello un consumo eléctrico anual de 7.333 kWh, evitando emitir 2.8 Tn de CO2 á atmósfera.
 

Entra en funcionamento o novo alumeado na rúa Quiroga Ballesteros
Comentarios