"En la librería me daban 150 pesetas al mes"

O 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo
Seivane, no seu taller.
photo_camera Seivane, no seu taller.

PARA LOGRAR fonda, aos 18 asinei para o Exército, ao Ministerio do mesmo, sendo destinado como mecanógrafo para o Consejo Supremo de Justicia Militar, onde tecleaba expedientes, polas mañás; pola tarde asistía ao Centro de Estudios Mercantiles y Económicos, amparado nunha bolsa de Acción Católica. Ao Supremo cheguei porque, cos cartiños das miñas clases, ademais de comprar o primeiro dos reloxos e a primeira das gabardinas, estiven un mes en Lugo, asistindo a aulas de mecanografía e de taquigrafía na Academia ERT; de par disto, a recomendación, medicina dos pobres!, dun primo de meu pai, Lombardero, que daquela era Capitán, secretario do General Carlos Martínez Campos Serrano, no Alto Estado Maior Central.

Xosé María Gómez Vilabella / Castroverde

E así fun tirando, facendo candís, canadas, cazos e regadeiras, ata que enfermou a muller do pulmón e morreu. Non quedaría un médico de Lugo ao que non fora. De non ser pola enfermidade da muller, estaba rico porque tiña moito traballo e non daba feito. Daquela non estaba canso, pero agora si. Eu quedei cos pequenos e volvín casar cunha muller que morreu agora hai un ano.

Manuel Dopazo Gil / Lugo

Me presenté a pedir trabajo en el Seminario de Mondoñedo. Me llamaron y me dijeron que era un puesto más humilde, no de profesora. Era 2004, Año Santo, y necesitaban ayuda en la portería, con los turistas... «Estaría encantada», contesté. Fueron dos meses magníficos: Disfruté y me divertí muchísimo con los peregrinos. Al mes siguiente un día me encontré por la calle al obispo, José Gea Escolano. Me preguntó si realmente me había encontrado bien, se había jubilado el canónigo que se ocupaba del museo y al poco me propusieron encargarme del museo. En principio me parecía un sueño y ya van cinco años.

Simonetta Dondi dall’Orologio / Mondoñedo

Eu tería trinta e tantos fulanos comigo traballando, traía cuatro na madeira, dous cortando e dous limpiándoa e arrastrándoa aos sitios de onde se podía cargar. Tiña despois tres canteiros, ou empasteros que facían as paredes, tiña dous albaneis, despois tiña carpinteiros, tres, seis, doce, quince carpinteiros, despois os obreiros, os que axudaban a serrar, os que axudaban a cargar, os que ían pola madeira, e tiña trinta e dúas personas. Cinco nunha obra, cuatro noutra, tres noutra, que non era que estiveran todos xuntos.

Salvador Ontiveros Álvarez / Quiroga

Foi José Luis Blanco quen me chamou para comunicarme que o nomearan director técnico de Semillas Selectas e que quería que fose con el como segundo da bordo. Esta tamén era unha empresa do grupo Fernández e a don Antonio, que aínda non lle pasara o enfado comigo por abandonar a escola de Barreiros, ao principio resistíase ao meu nomeamento, pero pronto cedeu e eu aceptei de inmediato.

Avelino Pousa Antelo / Sarria

En 1949 un buen vecino me consiguió mi primer empleo de botones en un sanatorio con un sueldo mensual de 125 pesetas y más de diez horas diarias, contando sábados y domingos. Mis obligaciones eran abrir la puerta, indicar a los que venían a consultarse la sala de espera y luego anunciar al médico los pacientes que estaban en la sala. El médico era una persona baja de estatura, macizo como un buey, calvo y de un carácter tirando a déspota; su mujer, con mando en plaza, era de nariz alta, que le gustaba humillar a los de abajo. Los señoritos eran tres varones y dos señoritas, que con las enseñanzas de sus progenitores salían con las mismas virtudes que sus padres. A los de abajo nos miraban por encima del hombro... y había que dirigirse a ellos con el trato de señoritos.

José Guerrero / Lugo

Estiven noutra casa na que te mataban de fame, tirábanche as sobras. Doña Obdulia e don Manuel tiñan almacén e casino. O meu irmán traballou para eles de transportista. Estes eran tamén dos máis ricos de Vilalba. Inda estiven ben tempo con eles. En Vilalba había catro ou cinco casas ricas.

Carmen González Rifón / Vilalba

Cos seus dazasete anos, chegou o seu primer traballo. A miña avoa traballaba para unha costureira á que apodaban a Ama. Ían de casa en casa cosendo. Percorrían quilómetros e quilómetros coas máquinas na cabeza e pasaban ate oito días fóra da casa durmindo nas casas onde cosían; madrugando se a ama madrugaba e servíndose pouca comida se ela o facía, aínda que morreran de fame.

Rebeca / Cotá / Friol

Meus pais tiñan unha pequena horta de patacas e viña un home a sacalas e nós axudábamoslle. Tamén botaban alí remolacha e recordo con disgusto cando me chamaba miña nai: Ramiro! Hai que regar a remolacha! Facíao, pero de moi mala gana.

Ramiro Martínez Carballosa / Meira

Un día na casa decidiron levarme para Sarria, non coa idea de seguir os estudos de bacharelato superior, pero si para traballar como oficinista nun comercio, levando as contas e a correspondencia. Tiña eu quince anos.

Ramón Piñeiro / Sarria

Fun tres anos a Suíza. Traballei moito, pero foime moi ben e fixen algúns cartiños.

Antonio Arias Folgueira / San Román da Retorta / Guntín

Había estado en la Librería Cabado. Repartía periódicos y cuando a fin de mes iba a cobrar las facturas, me daban unos céntimos de propina. En la librería me daban 150 pesetas al mes.

Alberto García / Lugo

No había tractores ni había nada, y yo venía a estudiar a Lugo, pero en verano, si había que ayudar, lo hacía.

Laureano Álvarez Armada / Láncara

Estaba estudiando en el Instituto Laboral, no era buen alumno y ya me estaban empezando a gustar las chavalas. Era un chico serio que no daba disgustos, un buen hijo, un santo al lado de algunos de ahora. Un día vino un veterinario y me ofreció vender piensos Biona; yo me comprometí y en poco más de un año los piensos Biona los conocía toda la zona. Yo iba ofreciéndolos, ponía planchas de lata con publicidad y vendía bastante. Como mi madre seguía trabajando, no nos faltaba de nada.

Carlos Folgueira / Mondoñedo

Fomos os encargados de rehabilitar o Mapa Fontán que hai no Pazo de Tor e tamén fixemos algún traballo vinculado ao conxunto monumental de San Vicente. Na actualidade, por exemplo, traballamos con outro Mapa Fontán do Museo de Pontevedra e tamén cuns modelos anatómicos do século XIX. Estes modelos empregábanse na investigación científica, pero teñen un nivel de detalle e de acabados que son verdadeiras obras artísticas.

Pepe Barxa / Pesqueiras O Saviñao

Déronlle tres opcións aos 13 anos: traballar como botóns nun banco, nunha incubadora de pitos ou na notaría de Castro. Francisco Balado escolleu a última e cincuenta anos despois, alí segue. «Empecei gañando cincuenta pesetas o mes e botei así moitos anos. Na cara coñezo o que quere a xente».

Francisco José Balado Lenza / Cristina Pérez / Castro de Rei

Comentarios