A candidata do PP á alcaldía de Lugo, Elena Candia, avoga por un novo modelo de atención cidadá do que se beneficiará toda a poboación do rural dentro da súa filosofía de achegar o Concello ás parroquias.
A popular defende un modelo de administración colaboradora co sector primario e, por iso, comprométese a dotar de puntos de atención cidadá personalizados ás 54 parroquias co obxectivo de axudar á veciñanza do rural a realizar tramitacións ou atender in situ as necesidades que teñan.
É preciso impulsar un plan de apoio ao sector primario para paliar os danos da fauna silvestre
Esta maior proximidade e este apoio ao rural tamén se reflicten na vontade de mellorar a atención ás persoas maiores que viven soas coa eliminación da lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar e na intención de crear programas específicos para evitar a soidade non desexada, así como de apoio a coidadores.
► Servizo provisional de limpeza de fosas sépticas mentres non se complete o saneamento.
► Mellora da conectividade das parroquias para favorecer o asentamento da poboación.
► Creación de dúas brigadas de persoal municipal para a limpeza e desbroce de vías e deseño dun plan de prevención de incendios coa creación de cortalumes e limpeza de pistas de terras.
► Desenvolvemento dun servizo de taxi a demanda para completar a necesaria adaptación das liñas de transporte urbano.
► Programa de posta en valor do patrimonio cultural, natural e histórico das parroquias, con actividades de ocio itinerantes como cabalgatas de reis.
► Revisión do PXOM para axilizar a concesión de licenzas e facilitar o cambio de uso de construcións rurais sen actividade nas que impulsar proxectos empresariais.
► Apoio á actividade do sector primario con estímulos económicos para incentivar as permutas e coa rebaixa de impostos (ICIO e IBI), ademais da mellora da recollida de plásticos agrícolas.