sábado. 22.01.2022 |
El tiempo
sábado. 22.01.2022
El tiempo

O satírico Partido Froilanista publica unha mensaxe polas festas

No comunicado, o proclamado "rei da Galiza" invita a "mazar-se" e a "transmitir a quen nos arrodea os nosos mellores sentementos de afecto, de paz, cordialidade e porque non dici-lo? ledícia"

O Partido Froilanista, un grupo satírico que venera a figura de Felipe Juan Froilán de Marichalar y Borbón, publicou unha mensaxe con motivo da festividade lucense, no que "a súa alteza real" (o fillo da infanta Cristina e Jaime de Marichalar) invita a disfrutar da festa en primeira persoa.

No comunicado, o futuro "rei da Galiza" sostén que o San Froilán é "un momento de reencontro e afirmazón. Un momento pra mazar-se, mais tamben pra transmitir a quen nos arrodea os nosos mellores sentementos de afecto, de paz, cordialidade e porque non dici-lo? ledícia".

Nun longo discurso a S.A.R. aborda a incertidume política na que se atopa España ("A irresoluzón dos nosos problemas políticos, comezando po-la subsidiariedade a coroa allea, provocan, con toda razón, indignazón e desencanto") e a situación laboral actual ("Os índices de desemprego son inaceptáveis, pareze que vo-lo teño que dizir Eu pra que vos decatedes da acuciante magnitude do problema. É certo que as 4 empresas que temos e o trogollón de pymes son punteiras. É certo que os nosos seitores básicos [...] evidencian a musculatura suficiente pra soportar unha economia puxante, substentavel e decrescente").

Froilán tamén dedica unhas palabras a Cataluña: "Milleiros de galegas e galegos levamos a Catalunya no corazón. Xa que logo, como viciñas diferentes e lonxanas só podemos apoiar-vos no ilusionante camiño que estades a emprender e que só pode rematar na consolidazón dunha sociedade livre, sá, hospitalária, plural, solidária e porque non? agardemos que algun dia, aristocrática".

O discurso finaliza cunha invitación do propio Froilán a pasalo ben durante estes oito días. "Desfrutade das festas e do II Congreso Froilanista e non faghades nada que Eu non faria. Que comeze a troula! VIVA EU! VIVA O REINO DA GALIZA! VIVA O SAN FROILÁN!"

O satírico Partido Froilanista publica unha mensaxe polas festas
Comentarios