"É unha historia que envolve un misterio"

Héctor Cajaraville gañou o XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, con 'Once portas'
Héctor Cajaraville
photo_camera Héctor Cajaraville

O Concello de Lugo acordou onte concederlle o premio do XVIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, dotado con 4.000 euros.

Estou contento e foi unha sorpresa absoluta. Teño que recoñecer que foi un atrevemento pola miña parte presentarme, porque a obra trata da muralla de Santiago e falar de murallas aos de Lugo dende Santiago...

Está en racha en materia de premios?

Si, o meu primeiro libro saíu en outubro do ano pasado. Hai nada non tiña nada publicado e de repente gañei o premio Xerais...

Ambientou en Santiago o traballo gañador do Ánxel Fole. Lugo aparecerá algunha vez na súa obra, dado que viviu na cidade, donde se ocupou do servizo de prensa da USC?

Lugo é o lugar onde máis tempo vivín despois de Santiago e un recurre sempre aos seus entornos cando recrea unha historia literaria. E ademais estiven moi a gusto o tempo que vivín en Lugo.

Cal é a trama da historia?

É unha historia que envolve un misterio e que se desenvolve ao longo de distintas etapas históricas, dende o Medievo á actualidade, cando se resolve o enigma.