Detido en Lugo por ameazar á súa parella e lanzar o seu fillo menor contra unha parede

Os feitos ocorreron o día 9 nun domicilio da capital lucense

A Policía Autonómica detivo en Lugo a un home por un delito de violencia de xénero no que, ademais da súa parella, se viu implicado un menor.

Os feitos ocorreron o pasado día 9. Segundo informa a Xunta, os axentes recibiron un aviso do 112 sobre unha forte discusión que se estaba a producir nun domicilio da cidade. Ao desprazárense ata a vivenda, falaron cunha muller que lles relatou que acudira á casa da súa parella.

O home, segundo a testemuña, estaba en estado de embriaguez e comezou a insultar e ameazar á vítima. Ela intentou abandonar o domicilio pero a súa parella quixo impedilo, e nese forcexo o suposto agresor colleu ao fillo menor da muller e lanzouno contra a parede, segundo a denuncia.

As dilixencias tramitáronse na comisaría da Policía Nacional de Lugo.