Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

"Descubrín esta cidade chegando ao anoitecer e cun ollo tapado como un pirata"

O edificio de Barras
O edificio de Barras

Cuando voy a Lugo siempre intento encontrar mis rincones de mi infancia y adolescencia, y no los encuentro. Es sorprendente porque aunque estén los mismos sitios ya no encuentro aquella etapa porque los tiempos son otros. Se han hecho muchas burradas urbanísticas y desaparecieron muchos comercios que había. La única gracia que le veo es ir a las tabernas, que siguen teniendo la misma sensación aunque estén remozadas, o meterme dentro de la catedral. Pero lo que tengo en el pensamiento no lo pierdo, como la idea de mis padres, que no se va nunca, o el Lugo de mi infancia.

José Vázquez Cereijo / Lugo

Lo que es ahora Quiroga Ballesteros no existía, solo había huertas. La Avenida de La Coruña, hacia las afueras, era el Agro del Rolo y solo había la carretera de La Coruña propiamente dicha. Después, todo era campo.

Sor Gloria / Lugo

Sinto moito a desaparición do edificio de Barras Eléctricas, que me recordaba bastante o de Santiago da Estacion do Castromil, e a min aquel edificio gustábame moitísimo. Cando tiraron con el pareceume mal. Tamén recordo cando estaba o chalé do arquitecto Cobreros, alí na praza do Ferrol. Derrubárono para facer aquel edificio espantosamente feo. Ti tes unha imaxe da cidade que cha van mudando pouco a pouco.

Paco Martín / Lugo

Ver o mar e descubrir Lugo. Esta é unha historia que xa forma parte de min, por iso, sempre llela conto aos meus amigos. Imaxinade: anos 50, nunha pequena aldea con luz de candil e desde a que se viña á capital por razóns de saúde e pouco máis. Por circunstancias, dous dos meus irmáns estaban ingresados na Residencia. Lonxe de estar preocupado polo seu estado de saúde, eu pensaba: «Que sorte teñen eles de estar vendo Lugo!». A casualidade quixo que batera cun toxo e fixen que o que era unha pequena rozadura se convertese nunha probable ferida nun ollo. Así que marcharon comigo para Lugo. E descubrín esta cidade, chegando ao anoitecer, no coche de liña, e cun ollo tapado como un pirata. Unha visión impresionante para o neno que eu era: unha cidade iluminada, fantástica! Meu pai estábame agardando, recordo velo chorar, pois non era para menos.

Julio Fernández / Lugo

Los edificios de Lugo que más lamento haber perdido son el Mesón de Aguiar, mi casa de San Roque, el Gran Teatro y el chalé de Cobreros.

Pilar Iglesias Osorio / Lugo

Cheguei a Lugo un día de San Froilán. Tiña 23 anos. Aínda que o meu apelido e os meus antergos paternos procedían desta provincia, eu non a coñecía. Aquel día, de San Froilán, como ritual obrigado, fora tomar o polbo nun dos toldos preparados no Campo da Feira. Alí tiven o primeiro contacto coa xente lucense. Estaba ateigado de mulleres e homes, de labregas brancas e paisanos corpulentos comendo e bebendo, e algo me chamou a atención: o silenzo. Non era que aquelas persoas non falasen, non. Pero no sul de Galiza, mariñeira e proletaria, onde me criei, tanta xente formaría un balbordo e un barullo fenomenal. Coidei daquela que este era un pobo mesurado e seguro de pisar terra de seu.

María Xosé Queizán / Lugo

Siento que haya desaparecido el Gran Teatro, porque era un edificio muy interesante para Lugo. De hecho han desaparecido todos los cines a donde íbamos y solo quedan esos que están tan lejos. También lamento la desaparición del edificio de Barras, que era muy bonito. Y el Sanatorio Pimentel, donde trabajé mucho.

Jesús Latas López-Pardo / Lugo

A imaxe que eu teño de Lugo está formada por milleiros de fragmentos de realidade, uns pequenos e outros grandes pero todos importantes para min... A abundante literatura que saíu desta cidade a mans de xente como Pimentel ou Ánxel Fole, a revista Ronsel, o grupo Los Contentos, o 2 de Copas e o Clavicémbalo, o Círculo das Artes e os seus ‘rellenos’ de Nadal, a Semana de Cine de Autor, as proxeccións do cine club Valle Inclán ás que eu asistía con fervor, mesmo se tiña que escapar da pasantía, a aguia de Santo Domingo que muda a posición das ás e que, unhas veces olla para o Concello e outras para a Deputación...

Jorge Coira / Lugo

Dos edificios boto en falta o Gran Teatro. A min gustábame moitísimo o teatro e o cine, pero claro como isto evolucionou tanto, coas televisións, ao cine xa ninguén vai, desapareceu o cine, e nótase, nótase a falta.

Remedios López Villar / Silvela / Friol

O primeiro que me vén á memoria é a impresión destas rúas e prazas, que percorrín de inicio hai unha chea de anos, sendo moi novo. Paréceme albiscar na distancia do tempo os altos cumes, as montañas enmarcadoras, os bosques de carballos e piñeiros, o río maior, os camiños e os regueiros. Situada nun esporón do penichao sobre o amplo meandro do alto Miño, Lugo, como moi ben sabedes, foi a antiga capital romana e eclesiástica da antiga Galicia. Centro importante, centro dominador, conservou da capitalidade imperial o carácter metropolitano. O que singularizou a Galicia lucense en pugna coa bracarense.

Francisco Fernández del Riego /Lugo

Me dio mucha pena la desaparición del Casino, tanto cuando estuvo en la Alameda, como en Conde Pallares, porque allí se celebraban unos bailes estupendos, éramos todos una familia.

Concepción Teijeiro Revilla / Lugo

Pero Lugo era para mí más que la paz de sus contornos, el bullicio de la capital, eje de la vida urbana, lugar de encuentros, de citas, juegos, paseos, músicas. Sus soportales, que siempre te esperaban porque tarde o temprano te cobijarían de las lluvias y los orballos, compañeros infatigables del lucense.

Paloma San Basilio / Lugo

Lugo resulta ser, pois, a cidade ideal, nin grande nin pequena, na que nos conocemos todos e onde existe unha perfecta simbiose entre o urbano e o rural, é decir: entre o home e a natureza, malia os excesos da especulación irracional. Ánxel Fole ten citado en moitas ocasións ao escritor francés Mabille de Poncheville, que nos visitou ao fío dos anos trinta, deixando escrito que Lugo é unha cidade boa para a residencia dun poeta enfermo. Esta afirmación recoñece, ao noso xuízo, a xusta medida e a fermosura da cidade, como alguén dixo: «Lugo é un ser humano que curou as súas melancolías ollando ir ancho e calado o Miño paterno».

Manuel María / Lugo

Esta praza de Santa María tería moito máis recendo de antigüedade se conservase o arco que servía de corredor desde o pazo episcopal ata a catedral que, ao meu xuízo, fixo derrubar incomprensiblemente o alcalde D. Anxo López Pérez. Hai anos que se veñen celebrando nesta praza actos folclóricos e culturais que, tal como eu suxerín, melloraron moito en canto a audición desde que se ameceu o escenario ao edificio propiedade da Caixa de Aforros. Esta praza é un magnífico auditorio ao aire libre que para si quixeran outras grandes cidades.

Amador López Valcárcel / Lugo

"Descubrín esta cidade chegando ao anoitecer e cun ollo tapado como...