A Deputación de Lugo comezou este xoves os cursos de mantemento dos hortos urbanos que se entregaron en marzo no paseo do río Rato, co obxectivo de que a cidadanía adquira os coñecementos para manter en condicións estes espazos e tamén para formentar o interese pola agricultura ecolóxica.
A actividade celebrarase cada xoves a partir das 17.30 horas, e está dirixida aos usuarios dos hortos urbanos.
O obradoiro comezou con curso sobre a terra de labranza e os cultivos, e o próximo xoves, 22 de abril, terá lugar unha charla sobre fertilización orgánica. O último xoves de abril instruirase sobre as plantacións típicas da época.