Denuncian que o Colexio de Veterinarios gastou, tendo perdas, 3.400 euros nunha cea

Colvet Lugo Democrático asegurou que esta celebración é "utilizada" pola presidenta para "invitar a distintos cargos políticos, no seu favor"

Colvet Lugo Democrático denunciou que o Colexio de Veterinarios gastou nunha cea 3.378,88 euros en 2017, o primeiro exercicio en anos que se pechou con perdas, segundo precisa este grupo.

Detallou que a esa cea, organizada con motivo da festa do colexio, asistiron 67 comensais, dos que 30 eran "invitados e os seus acompañantes". Colvet Lugo Democrático asegurou que esta celebración é "utilizada" pola presidenta do colexio, Ana López Pombo, para "invitar a distintos cargos políticos, no seu favor".

Este grupo acusou a presidenta de "mentir" ao dicir que se opuxera á distinción entregada o día 4 aos axentes de medioambiente, cando aclarou que a votación a favor foi por unanimidade.

Comentarios