Dende o próximo luns reactívase o servizo de recollida de enseres do Concello de Lugo

Estivo suspendido temporalmente para facilitar os traballos do dispositivo extraordinario de limpeza
Un microondas ante un contenedor durante la pandemia, en la que se reforzó la desinfección. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Un microondas ante un contedor durante a pandemia, na que se reforzou a desinfección. VICTORIA RODRÍGUEZ

A Concellería de Medio Ambiente anunciou que a partir do luns, reactivarase o servizo de recollida de enseres que presta o Concello de Lugo.

Dito servizo estivo suspendido temporalmente para facilitar os traballos do dispositivo extraordinario de limpeza que se está a levar a cabo durante o estado de alarma polo Covid-19.

A posta en funcionamento chega porque "as circunstancias permiten facelo con seguridade e, polo tanto, podemos atender así esa necesidade garantizando o bo funcionamento do dispositivo extraordinario desplegado", afirman dende a Concellería.

É totalmente gratuíto e pódese solicitar a través dunha chamada ao teléfono 982-25-44-83. O Concello  lembra que no momento de recibir a petición, desde o servizo se lle indicará ao cidadán o día e a hora á que pasarán a recoller os mobles ou enseres dos que que se queira desfacer, dando prioridade ás peticións que se realizan seguindo este procedemento e atendendo a continuación o resto de incidencias non notificadas e das que da conta o propio servizo de recollida. 

A retirada destes residuos realízase de luns a sábado, nun prazo máximo de dous días na cidade para o que se precisa un vehículo específico. En canto ao rural, recóllense unha ou dúas veces ao mes, en relación á demanda.

Comentarios