Persoal municipal sopesará se segue facendo horas extras ao ter débedas atrasadas

CSIF denuncia que o Concello debe dietas, produtividades e todos os servizos extracomunitarios dende o maio pasado

Cola para acceder con cita a las oficinas municipales, este lunes. XESÚS PONTE
photo_camera Entrada das oficinas do Concello no antigo Seminario. XESÚS PONTE

Traballadores do Concello de Lugo sopesarán continuar facendo horas extraordinarias debido a que o Concello debe a persoal de distintos servizos retribucións por distintos conceptos correspondentes aos anos 2020, 2022 e 2023, segundo volve denunciar a CSIF. Esta tamén avalía recorrer á Valedora do Pobo.

A central sindical manifestou o seu malestar porque o goberno local informou hai uns días de que na nómina do mes de febreiro ía levar a cabo unha "regularización importante" deses pagos, pero o único que fixo foi abonar algúns conceptos retributivos, pero mínimos e que afectan só a uns poucos traballadores, asegura. "Tenemos un gobierno que además de moroso es mentiroso. Esta situación no es ética, ni admisible ni justificable", afirma a CSIF.

O Concello ten pendente de abonar as horas extras que fixeron todos os traballadores do Concello dende maio de 2023, algunhas produtividades de 2022 e dietas a policías locais por asistencia a formación do ano 2020. 

A central denuncia que os afectados non só están deixando de cobrar o que lles corresponde senón que se ven obrigados a realizar declaracións da renda complementarias, nalgún caso, máis dunha nun mesmo exercicio económico. Algúns traballadores incluso chegaron a recibir comunicación de expedientes sancionador da Axencia Tributaria, di.

O sindicato critica que o goberno se escude na falta de traballadores no servizo de Persoal e aféalle que siga sen cubrir a xefatura deste departamento así como outras que son clave no Concello. 

Así mesmo, a CSIF cuestiona unha circular recente na que se pide aos traballadores que non fagan funcións superiores ao seus postos e responsabiliza do cumprimento aos xefes de servizo. 

"Desde que en 2020 se aprobó la RPT (Relación de Puestos de Trabajo del Concello) ha tenido tiempo más que suficiente para corregir disfunciones y para modificarla y adaptarla a la realidad", considera a central sindical.
 

Comentarios