Cs pide que se arranxe un parque infantil e unha rúa na Cheda

Parque infantil entre as rúas López Cuevillas e Río Mandeo, na Cheda, en Lugo. EP
photo_camera Parque infantil entre as rúas López Cuevillas e Río Mandeo, na Cheda, en Lugo. EP

O grupo municipal de Ciudadanos pediu este martes ao goberno local o arranxo no barrio da Cheda dun parque infantil deteriorado e o acondicionamento da Rúa Río Sar.

Olga Louzao, voceira de Cs, recordou que a falta de mantemento dos parques infantís da cidade provoca que varios deles se atopen "nun estado lamentable" e pon como exemplo o situado entre as rúas López Cuevillas con Río Mandeo. "Non podemos permitir que os nenos xoguen en lugares abandonados. A maleza o ocupa todo, incluso a escaleira, o que podería provocar caídas. Se se fixese un correcto mantemento destas zonas, poderíanse evitar situacións que logo se lamentan", engade a edil.

Louzao explicou que o parque ten ademais "lixo, un chan desconchado e una canastra de baloncesto rota".

Cs tamén pídelle ao concelleiro de infraestruturas, Manuel Núñez, que cumpra a promesa que lles fixo hai dous anos aos veciños de que ía acondicionar a Rúa Río Sar, xa que indica que unha parte é agora mesmo "un camiño de terra" e na outra o pavimento está moi deteriorado.

Comentarios