Los mejores trabajos de la XXII edición de los premios Muralla

Helena González Rodríguez es la ganadora en la categoría de redacción de los premios y Aroa Pernas Carballo, en la de dibujo
EPSON MFP image
photo_camera Ganadora en la categoría de dibujo: Aroa Pernas Carballo (Colexio Fingoi de Lugo)

Crónicas da muralla

Helena González Rodríguez (Ceip Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo)

Fulvia saltou da cama, cambiouse de roupa, colleu a súa mochila, deulle un bico na fronte a seu irmán e marchou cara á muralla en construción da cidade onde vivía, a cidade de Lucus Augusti. Os romanos dominaban aquelas terras e ela tívose que acostumar ás súas costumes. 

A ela non lle gustaba nada a idea de roubar comida, mais non había outra maneira de sobrevivir; os seus pais morreron a causa dunha enfermidade, non teñen fonte de ingresos. Só as axudas dos veciños. 

Tras sobre pensar un rato na porta da súa casa decidiu ir. Ao chegar observou unha caixa chea de víveres, acercouse con sixilo e colleu un pouco de cada tipo de comida que había. Xusto cando se ía marchar divisouna un garda, que a levou xunto ao gobernante da zona. Cabo el había un rapaz e unha rapaza, parecían da súa idade. O garda preguntou que facer con ela e explicoulles o que fixo. Antes de que a gobernante falara a rapaza comentoulle algo ao oído e asentiu coa cabeza. A rapaza cunha voz suave e tranquila díxolle: «Acompáñame». Fulvia con medo acompañouna e deuse conta de que outro rapaz que estaba alí seguíaas de cerca. 

A rapaza parouse diante dunha porta enorme que leva a unha habitación grandísima con dúas camas. A rapaza que resultou chamarse Galla e o rapaz que se chamaba Ares, decidiron contarlle que a levaban ata a súa habitación porque lles deu pena e querían que ela lles axudara cun asunto. Intentar que un bosque próximo, chamado Bosque das Ninfas, que foi queimado nunha lea que tiveron dous bandos, se recuperara, xa que se recuperara a muralla tería unha beleza inimaxinable. 

Fulvia, que adoraba a naturaleza e quería o mellor para o seu pobo, aceptou sen pensalo dúas veces. Decidiron marchar en tres días ás cinco e media da mañá para que lles dera tempo a organizar todas as provisións: roupa, materiais de exploración, camas… Ao chegar o día puxéronse en marcha cara o Bosque e chegaron á entrada; todo estaba desvastado, con regadas de sangue, as plantas queimadas, daba tanta pena, que ao velo saltaban as bágoas. 

Entraron con moito medo e, de repente, viron unha luz pasando moi rápido diante deles. Ao non saber que era seguírona ata que chegaron ata un lago, era a única parte do bosque que estaba en perfectas condicións, cousa que lles extrañou. A luz empezou a tomar formas raras, ata que tomou a súa forma definitiva, una ninfa. Todos se quedaron en silencio, só Ares atreveuse a falar, para preguntar onde estaban. 

A ninfa díxolle que necesitaba axuda para salvar o bosque da devastación, porque ela non tiña os requisitos para poder salvalo. A ninfa deulles un papel cos requisitos; estes eran: ser tres personas que se levaran moi ben; cada unha cunha virtude, valentía, empatía e intelixencia. 

A ninfa díxolles que podía ver a consciencia da xente para ver se cumpren os requisitos. Ademais deses requisitos tiñan que pasar por tres probas: a primeira, loitar contra o seu peor inimigo; a segunda, afrontar os seus peores medos, e a última, descifrar un enigma que ninguén deu resolto ata o momento; só teñen tres intentos, un por persoa, e se os gastan quedaránse alí atrapados para sempre. 

A ninfa deulles un mapa no que poñía as indicacións dos lugares aos que tiñan que ir. Sairían ao primeiro lugar ao día seguinte á primeira hora da mañá cara O Claro da Desesperación, para enfrontarse á primeira proba. Pasou a noite e erguéronse cedo para chegar o antes posible ao destino. 

Cando chegaron observaron o que lles rodeaba, era un sitio sombrío. Nunha esquina había un portal moi raro. Ares foi o primeiro en pasar seguido de Fulvia e Galla. Ao pasar encontráronse nunha zona moi extensa e viron que había catro pilares, un en cada esquina. No medio distinguiron unha silueta. Ao acercarse déronse conta de que tiña apariencia humana. Aproximáronse aínda máis e oíron unha voz. Esta escoitábase débil. Entón pararon de camiñar para que se poidera escoitar, xa que os pasos resoaban. Cando xa se escoitaba con claridade, a voz díxolles que estaban nun lugar chamado O Plano da Eutímia, e o que había no medio era una mestura da consciencia dos tres, e necesitarían moito valor para poder gañar a pelexa, que dudaría tres días e tres noites. Ao acabar saíron exhaustos de alí, descansaron catro horas antes de poñerse en marchar cara a seguite proba, enfrentarse co seu peor medo. Esta era unha proba individual, o que os preocupaba máis. 

O mapa indicaba unha zona achegada a onde se situaban eles. Tardaron unha media hora en chegar ao destino, O Val dos Soños, onde se enfrontarían á segunda proba. Deron un paso e de repente no se vía nada. Era como estar rodeados dunha néboa moi espesa que, ao tocala sentías unha calor infernal. Foi alí cando se deron conta de que non había volta atrás. Cada un tiña un inimigo distinto ao que enfrontarse. Fulvia, á perda do que máis quere neste mundo, o seu irmán; Ares, a ter que abandonar o pobo, e Galla, a ser unha incomprendida. Despois dunha árdua batalla contra os seus maiores medos, gañaron e puxéronse en marcha ata a terceira proba, o enigma, a máis completa de todas. 

O principio da proba era encontrar unhas lápidas que te conducían ata o destino. Eran grandes e atopáronas rápido. O seguinte era axudar a un orco a recuperar a súa alegría para que lles dera a chave que abriría a porta para entrar. 

E por último, o tramo final, o enigma. Este mesmo estaba nunha cova que só se habría cunha chave que anteriormente o orco lles deu, e abriuse.

Dentro encontrábase unha torre cunhas pedras que parecían rotar. Diante da torre había una pedra, esta tiña escrito os símbolos que aparecían na torre, pero nunha orde distinta. O primeiro en probar foi Ares, poñendo os símbolos da mesma orde que na pedra. Non pasou nada, dous intentos restantes. A seguinte foi Fulvia, que cambiou de orde o segundo e o terceiro, quedouse igual, sen cambios; un intento restante. Galla, desesperada, pensou un pouco e chegou á conclusión de poñer os símbolos ao revés. Unha luz inundou a zona, diante dos ollos de Galla apareceu unha gota de cor dourada, era preciosa. A ninfa apareceu, deulles a noraboa e díxolles que a partir de agora eles gobernarían o bosque. 

Os tres rapaces saíron do bosque exhaustos, necesitaban tomarse un descanso, viviron moitas emocións en moi pouco tempo. 

Ao chegar a muralla déronlle a gota ao gobernante. Nese momento, Fulvia foi nomeada xeneral das tropas, e grazas a iso puido alimentar ao seu pobo, e que seu irmán e ela tiveran unha vida mellor.

Comentarios