Emergentes... Sonia Somoza

"O corte de pelo nos cans é necesario para a súa hixiene"

Sonia Somoza, peiteadora de cans que acaba de abrir un salón de estilismo na Rúa Montevideo, 33
Sonia Somoza, frente ao negocio. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Sonia Somoza, frente ao negocio. VICTORIA RODRÍGUEZ

Que poden atopar os donos de mascostas en Sonia Estilismo Canino?
É un salón de peiteado canino, aínda que tamén lle podo cortar o pelo a algunha outra mascota, como os gatos persas. Levo dez anos dedicándome a isto na Mariña, mudeime hai poucos meses a Lugo e decidín abrir un salón aquí.

Como está o sector na cidade? Cre que hai oco?
Hai moita competencia, pero decidinme non tanto polo negocio en si senón porque é un traballo que me apaixona. Encántanme os cans, dáme moita paz traballar con eles. Encántame a miña profesión. Penso que iso é algo que me distingue dalgúns outros negocios deste tipo.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Una publicación compartida de Sonia Estilismo Canino (@sonia.estilismocanino)

 

Cortarlle o pelo a un can é un acto de coidado ou de estilismo.
É coidado, dende logo. É algo que precisan, porque se non fánselles nós e iso é malo para a súa pel. É hixiene.

Diría que aumenta a demanda deste tipo de servizo profesional?
Creo que si porque os cans son os novos fillos. Cada vez os coidamos máis.

 

Vende tamén produtos?
Si, camas, champús... e outros produtos necesarios para a hixiene dos cans.