Cortan ao tránsito peonil un tramo do Paseo do Miño pola crecida do río

Queda prohibido o paso entre o Balneario de Lugo e o restaurante O Muiño mentres non se poida transitar con seguridade pola zona
El Paseo do Miño, anegado en las inmediaciones del Balneario de Lugo. EP
photo_camera O Paseo do Miño, anegado nas inmediacións do Balneario de Lugo. ARQUIVO

O Concello de Lugo informou este martes do peche ao tráfico peonil dun tramo do Paseo do Miño pola crecida do río. En concreto, a área de Medio Ambiente decidiu cortar o paso entre o Balneario de Lugo e o restaurante O Muíño polo aumento de caudal do Miño ao seu paso pola cidade.

"Queda prohibido o paso peonil mentres non se poida transitar con seguridade por esa zona", advirten nun comunicado.