jueves. 28.10.2021 |
El tiempo
jueves. 28.10.2021
El tiempo

O coordinador provincial de Cs, o avogado Jacobo Vázquez, abandona o partido

Jacobo Vázquez. AEP
Jacobo Vázquez. AEP
Alega motivos "estritamente persoais e profesionais" relacionadas coa falta de tempo para dedicar ao partido

O avogado Jacobo Vázquez, que formara parte da candidatura de Ciudadanos á alcaldía de Lugo e dende o verán era o responsable da agrupación na cidade e coordinaba o partido na provincia (agás na Mariña), comunicou este sábadoa súa dimisión desa responsabilidade e a baixa no partido.

Vázquez alega motivos "estritamente persoais e profesionais" que estarían relacionados, segundo explicou, con falta de tempo para dedicar ao partido debido á carga de traballo que ten no seu despacho e a que ten dous nenos de curta idade. "La coordinación del partido requiere mucho tiempo y sacrificio y en este momento no le puedo dedicar todo el tiempo que merece. Me gusta estar a tope, y cuando uno pierde un poco de fuerza, por lo que sea, que en este caso es solo debido a una gran carga de trabajo, creo que lo coherente es dejarlo", explicou, tras informar da súa decisión ao responsable de Cs en Galicia, Laureano Bermejo.

Vázquez cre que Cs sigue sendo "un proyecto político necesario", desexou sorte aos membros do partido e desvinculou a súa decisión das horas baixas que vive a formación e doutras circunstancias como as tensións que nos últimos meses houbo en Galicia, que levaron á renuncia da lucense Olga Louzao como voceira do partido a nivel autonómico.

O coordinador provincial de Cs, o avogado Jacobo Vázquez, abandona...
Comentarios