sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Continúa este sábado a campaña 'O noso Mercado é un agasallo'

Cristina López, na Praza de Abastos, na campaña do Nadal.AEP
Cristina López, na Praza de Abastos, na campaña do Nadal.AEP
Todas as persoas que realicen compras por máis de 40 euros recibirán un agasallo
 

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, lembrou que este sábado continúa a campaña O noso Mercado é un agasallo na Praza de Abastos e no Mercado Municipal.

López explicou que "esta promoción tivo unha gran acollida na campaña de Nadal do ano 2020, e seguimos a traballar nela para promocionar as compras na Praza de Abastos e o Mercado Municipal, achegando estas instalacións e os productos que se poden atopar nelas a toda a veciñanza".

A campaña Este Mercado é un agasallo ten lugar o primeiro e o terceiro sábado de cada mes

A concelleira explicou que "durante as mañás dos días de promoción, as persoas que fagan compras cun importe superior a 40 euros nos distintos postos da Praza e do Mercado poderán achegarse ao posto habilitado cos seus tiques de compra para recibir un agasallo".

Tamén afirmou que "na Praza e no Mercado atopamos produtos de calidade, ao mesmo tempo que recibimos a atención persoal das e dos distintos profesionais de cada posto".

A edil nacionalista destacou que o comercio local demostrou "a súa importancia durante a crise sanitaria”, e afirmou que "neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, para o que o pequeno comercio se volve imprescindible".

Continúa este sábado a campaña 'O noso Mercado é un agasallo'
Comentarios