A fonte de San Vicente volve pasar por unha restauración

Neste caso as reparacións, efectuadas polo Concello, débense a danos xenerados polo desgaste do paso do tempo e non ao vandalismo nocturno

Fonte de San Vicente en obras.EP
photo_camera Fonte de San Vicente en obras.EP

A fonte de San Vicente amenceu este xoves cercada por unha estrutura de andamiaxe que ocultaba prácticamente a súa totalidade. A razón é que o Concello está a realizar unhas obras de restauración deste ben patrimonial que preside a popular Praza do Campo.

A restauración, enmarcada no Plan de Barrios, conta cun orzamento de 4.500 euros e ten como obxectivo intervir unha fenda perimetral do fuste da fonte, á altura das insercións dos ferros que antano servían de soporte para os cántaros. Neste caso o deterioro foi producido polo desgaste do paso do tempo e non por condutas vandálicas ou inapropiadas da vida nocturan, como ocorreu no pasado.

A intervención contempla diversas tarefas, como son unha primeira fase de pegado con adhesivo epoxy da zona danada, para logo aplicar o tratamento dos recheos onde están os ferros no fuste; o saneado das zonas fracturadas, limpeza e tratamento de resinas epoxídicas; ou o tratamento do ferro e acabado homoxéneo dos morteiros sintéticos.

Comentarios