O Concello impulsa novos traballos na rúa Río Sil

As obras ampliarán a beirarrúa trala reordenación do tráfico

Arroxo e Penas, na zona dos traballos. EP
photo_camera Arroxo e Penas, na zona dos traballos. EP

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, e o presidente da Asociación Veciñal de Paradai visitaron este mércores a rúa Río Sil, onde comeza agora a renovación da parte inferior, na unión coa avenida Infanta Elena.

"Nos últimos meses reordenamos o tráfico nesta rúa, poñendo fin a un dos puntos negros máis importantes de Lugo, e agora continuamos a mellorar esta zona para dar unha solución definitiva que mellore tamén a estética", asegura Arroxo.

Con ese fin, os traballos que comezan agora están orientados a ampliar a beirarrúa, "creando un novo espazo para o desfrute de toda a veciñanza —segundo Arroxo— no treito que se pechou á circulación de vehículos". "Tratamos de actuar o máis rápido posible para facer definitiva esta solución e mellorar a imaxe da zona, eliminando os elementos provisionais que se colocaron nun primeiro momento", engadiu.

O tenente de alcalde lembrou que se realizaron "distintas probas" en busca da "mellor maneira para garantir a fluidez do tráfico e a seguridade viaria e da veciñanza nos cruces da rúa Río Sil". "Despois das probas, o treito de Río Sil que circula entre Río Cabe e a rúa Monforte pasou a ser unidireccional, dado que foi a solución máis viable tecnicamente", explicou.

Comentarios