sábado. 11.07.2020 |
El tiempo
sábado. 11.07.2020
El tiempo

O Concello de Lugo homenaxea no cemiterio as persoas falecidas na emerxencia sanitaria

Acto no cemiterio de San Froilán. CONCELLO
Acto no cemiterio de San Froilán. CONCELLO
O acto serviu tamén para "acompañar" a quen afrontou a perda dun ser querido "sen poder despedirse"

Con flores e música, o Concello de Lugo homenaxeou este martes no cemiterio de San Froilán as persoas falecidas durante a emerxencia sanitaria. "Quixemos honrar así todas aquelas persoas que, pola situación de excepcionalidade que se estaba a vivir, non puideron estar acompañadas polos seus familiares", explicou a concelleira de Participación, Cristina López.

O acto, que se realizou respectando todas as medidas establecidas polas autoridades sanitarias, quixo ser unha homenaxe para todas as persoas que perderon a vida e tamén "un xeito de acompañar a quen tivo que afrontar a perda dun ser querido sen poder despedirse".

"A despedida é un eixo fundamental no proceso de superación dunha perda pero, por causa da situación excepcional, isto non foi posible", recordou López.

O Concello de Lugo homenaxea no cemiterio as persoas falecidas na...
Comentarios